Hoy, Día mundial del Teatro, actividades en la ESAD

Actividades para hoy, 27-marzo-2012, Día Mundial del Teatro, en la ESAD:

09:30 h · LECTURA DO MANIFESTO
Nesta xornada festiva soará en moitas linguas do mundo, tamén en galego, o manifesto escrito polo actor, director e guionista John Malkovich. Este evento abraza a espectadores e creadores nunha posta en valor da conxunción de arte, paz e progreso dos pobos.

10:00 h · INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Exposición fotográfica de Ricardo Alcalde. As escenas representadas foron concibidas por min. Todas teñen en común unha importante carga irónica e quixen vestilas coma se fosen unha viñeta dun debuxante.

10:30 h · PRESENTACIÓN DA REVISTA GALEGA DE TEATRO
Presentación do nº 70 da RGT, que ten como tema central a situación de emerxencia que está a vivir o sector profesional das artes escénicas e, no seu apartado de textos, a peza Fóra feira, de Joan Giralt, da cal se lerán uns fragmentos.

11:15h · DOCUMENTAL “ISAAC”, DE XOSÉ ABAD
Isaac Díaz Pardo (1920-2012) ficará nas páxinas da Historia de Galicia como un indubidable representante dos bos e xenerosos. Esta é a mellor homenaxe que lle podemos facer, honrar a súa memoria e poñer en valor entre todos a súa obra.

12:30 h · MOSTRA “DESEÑO DE PROXECTOS ESCÉNICOS”
Unha selección de petiscos escénicos saídos da cociña integradora das catro especialidades: Interpretación · Escenografía · Dirección escénica e Dramaturxia. Desde diversos puntos de partida ata a boca dos vosos ollos.

13:30 h · ENTREGA DO “PREMIO MARTA SIEIRO”
Fallo do IV Premio Ibérico de Interpretación Marta Sieiro, co agradecemento a Santiago Cortegoso, á familia de Marta Sieiro e ao profesorado e alumnado da escola. Representación dos traballos gañadores.

19:30 h · “NAVIA: UN BARRIO, UN ESPECTÁCULO”
A ESAD de Galicia, como novo habitante de Navia, quere comezar un percorrido de encontro coa súa comunidade local mediante un traballo de exploración pedagóxica, artística e social.

O alumnado de 1º de Interpretación guiará ao público polos espazos da escola durante os entreactos das actividades programadas.

Más información: www.esadgalicia.com

Cartel Día Mundial del Teatro 2012

Cultura y Educación, Eventos, Noticias, Vecindad , , ,