Seis do Nadal-Coia vence al Allariz 76-69 y se coloca 2º de la tabla

Seis do Nadal Coia - Allariz 24/10/11

Seis do Nadal Coia - Allariz

IMPORTANTE VITORIA DO SEIS DO NADAL – COIA ANTE ALLARIZ NA TERCEIRA XORNADA DA LIGA 2ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 2011/2012

Importante vitoria a conseguida polo equipo Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia o pasado sábado 22 de outubro do 2011 no Pavillón Municipal de Navia no partido correspondente a terceira das xornadas da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12 que enfrontaba ao noso conxunto e ao C.B. Allariz.

SEIS DO NADAL – COIA (Vigo) 76 .. C.B. ALLARIZ (Ourense) 69

Seis do Nadal – Coia 76

Martín Ares (7), Jesús Ares (9), Pablo González (5), Xoán Domínguez (10), Alexandre Pérez (24) – cinco inicial – Ricardo García (3), Arístides Outeiral (4), Eduardo Fernández (6), Pablo Vázquez (8), Joaquín Rodríguez, Óscar García

C.B. Allariz 69

Díaz (18), Piñeiro (6), Cid (5), Quintana (9), Fernández (6) – cinco inicial – Estévez (12), Aceredo (2), Feijoo (11)

Os dous combinados chegaban ao encontro con dúas vitorias conseguidas nos seus dous primeiros encontros disputados da competición. O conxunto do Seis do Nadal Coia conseguía as dúas primeiras vitorias ante Cruz Alta (Ourense) e Liceo Casino (Vilagarcía de Arousa), mentres que o C.B. Allariz facía o mesmo ante Marín Peixegalego (Marín) e Xuven (Cambados).

No primeiro período do partido os componentes do C.B. Allariz demostraron que conseguir a terceira vitoria da Liga 2ª División non sería nada fácil e remataron por diante no marcador (17 a 25). A vantaxe conseguida polo equipo ourensán no primeiro dos períodos seguía aumentando nos primeiros momentos do segundo cuarto, ata que a solidez defensiva e un rápido xogo en ataque facía posible que o Seis do Nadal finalizara por riba no marcador ao chegar ao tempo de descanso (35-34).

O terceiro período destacou pola igualdade entre o conxunto vigués do Seis do Nadal – Coia, adestrado e dirixido por César Álvarez, e o C.B. Allariz; e así o confirmou o marcador unha vez rematado o cuarto cun 56 a 56. Tódolos asistentes ao multiusos de Navia agardaban o inicio do último período do encontro para poder descubrir quen sería o vencedor, xa que os tres primeiros períodos non achegaba a ningún dos dous conxuntos á súa terceira vitoria na Liga 2ª División.

O acerto en ataque e a intensidade en defensa do equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia no último cuarto fixo posible adiantarse no marcador e aumentar a diferenza ata o final do encontro rematando cun 76-69 a favor, e confirmando así o excelente inicio de campaña do equipo “seisnadalista”.

Despois do xogo da teceira xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 o Seis do Nadal – Coia ocupa a segunda posición da clasificación co mesmo número de vitorias (3) que o primeiro clasificado da liga, o Ourense Capital Termal.

Más información: Web Seis do Nadal – Coia

Deportes, Noticias , , ,