La Xunta presupuesta gastar en 2012 5,74 millones de euros en la urbanización de Navia

Recibimos este comunicado de prensa de la Xunta de interés para los vecinos…

A XUNTA ORZAMENTA PRETO DE 6 MILLÓNS DE EUROS PARA CONTINUAR COA URBANIZACIÓN DE SAN PAIO DE NAVIA, ONDE SE CONSTRUIRÁN MÁIS DE 1.400 NOVAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN

 A Consellería de Medio Ambiente mantén o seu compromiso cos cidadáns de Vigo e a súa área de influencia para 2012 cun orzamento de 112 millóns de euros, superior ao executado no exercicio que agora remata, que foi de 110 millóns
 O trasvase de auga, xa plantexado dentro do Plan Auga da Xunta, permitiría suplementar a garantía e abastecemento do encoro de Eiras con achegas do río Verdugo
 En coherencia coa lealdade institucional que rexe as actuacións do Goberno autonómico, Hernández informou que o seu departamento enviou unha carta hoxe mesmo ao alcalde de Vigo informando destas actuacións e solicitou a mesma colaboración por parte do responsable municipal
 O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mantivo hoxe unha xuntanza coa delegada territorial de Vigo para informala das actuacións levadas a cabo no que respecta á seca na cidade e a súa área de influencia

Vigo, 19 de outubro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, reiterou hoxe o compromiso do Goberno galego cos cidadáns de Vigo e a súa área de influencia para 2012 en materia de medio ambiente, territorio e infraestruturas, que se traduce nun orzamento de 112,26 millóns de euros, superior ao executado no exercicio que agora remata (110 millóns) e que pon de relevo o peso que esta área ten para a Administración galega.

Tras a reunión mantida coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, o conselleiro explicou as principais liñas estratéxicas do seu departamento para o vindeiro ano, e que inclúen unha partida de 5,74 millóns de euros para continuar coa urbanización de San Paio de Navia, onde se levantarán 1.442 vivendas de protección máis. Hernández salientou así a “aposta” da Xunta por este barrio da cidade olívica, onde se está a traballar na modificación e adaptación das fases pendentes (III-B, IV, V e VI) ao PXOM, e que o pasado 19 de setembro xa foi remitido ao Concello de Vigo para a súa tramitación. “Xa o temos previsto nos orzamentos para poder iniciar a urbanización no momento que teñamos a conformidade do concello”, dixo Agustín Hernández.

No transcurso do encontro, o conselleiro tamén informou á delegada da Xunta das actuacións levadas a cabo no que respecta á seca na cidade e a súa área de influencia, e sobre a garantía de abastecemento de auga. A situación de seca, anunciada xa pola Xunta en primavera, levou ao Goberno galego a convocar a Comisión de seguimento para situación de seca, ademais das correspondentes comisións provinciais. Este mesmo venres en Pontevedra reunirase a correspondente á provincia. Hernández indicou que o Executivo autonómico está preocupado por esta situación, aínda que a día de hoxe non existe situación de emerxencia nin risco de desabastecemento en Vigo, xa que o volume de auga encorado permite garantir o subministro ata xaneiro e os protocolos de situación e emerxencia activaranse se a reserva baixa de 40 días.

Porén, tras a reunión mantida en Vigo coa delegada da Xunta, Lucía Molares, Agustín Hernández informou da disposición da Xunta para colaborar lealmente na resolución do problema, mantendo o diálogo constante entre a Administración Hidráulica e o concello, e para seguir traballando rigorosamente ao respecto dun tema da importancia e transcendencia do subministro dun recurso público como é a auga.

Froito dese traballo estase a realizar o estudio técnico dos caudais para concretar cal é o mellor punto para poder levar a cabo un trasvase de auga entre o río Verdugo e o Oitavén. A solución permitiría suplementar a garantía e abastecemento do encoro de Eiras con achegas do río Verdugo.

Ademais deste traballo técnico, o conselleiro anunciou que vén de manter o pasado luns 17 en Madrid unha xuntanza co secretario de Estado de Medio Rural e Auga, na que solicitou o cofinanciamento do Ministerio neste proxecto, solicitude que foi recibida de xeito positivo.

En coherencia coa lealdade institucional que rexe as actuacións do Goberno autonómico, Hernández informou que o seu departamento enviou unha carta ao alcalde de Vigo informando destas actuacións e solicitou a mesma colaboración por parte do responsable municipal.

Por último, o conselleiro de Medio Ambiente tamén informou de que nos vindeiros día volverá a convocar os alcaldes da área para analizar a situación de seca e dar conta das actuacións previstas.

Outras partidas orzamentarias para o ano 2012

O conselleiro de Medio Ambiente aproveitou tamén para avanzar algunhas liñas de actuación do seu departamento incluídas nos Orzamentos do 2012 aprobados onte polo Consello da Xunta e, neste senso, resaltou o investimento para continuar coas obras en materia de humanizacións que se están a levar a cabo en colaboración co Concello de Vigo dentro do Plan Hurbe (Severino Cobas e Manuel Álvarez), cun investimento de 2,6 millóns de euros; ou o remate da PO-324 ao seu paso por Canido; así coma á humanización e mellora da seguridade viaria na PO-325 (Vigo-Praia América).

Mentres, no ámbito da administración hidráulica, o conselleiro informou sobre a consignación orzamentaria correspondente ao convenio para o ano 2012 para a execución da EDAR do Lagares (2,8 millóns de euros) así coma outras actuacións en materia de saneamento na conca do río Louro.

Related Images:

Infraestructuras, Noticias , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.