O goberno local adicará os 6 millóns do superávit de 2012 a obras de humanización, deportes, zonas verdes e colexios públicos

A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran o investimento de preto de 6 millóns de euros que a Xunta Local de Goberno ven de aprobar. Esta partida é o superávit de 2012 que se pode investir “porque o Concello xestiona ben”, puntualizou o alcalde.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde hoxe venres ao proxecto inversor que o goberno local someterá a dictame do Pleno o próximo 23 de xaneiro, logo de que se reunira hoxe a Xunta de Voceiros. En rolda de prensa, Caballero felicitouse esta mañá por ter a oportunidade de investir na cidade preto de 6 millóns de euros do superátiv de 2012, unha posibilidade real “porque o Concello xestiona ben”.

Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor detallou o listado de actuacións previsto, comezando por 1 millón de euros para substituir a cuberta da grada de Río e actuacións de consolidación estructural en Balaídos. Seguindo co mundo do deporte, haberá 420.000 euros para renovar o césped dos campos de fútbol de Travesas e Samil, e 147.000 euros para a construcción dun novo campo fútbol 11 en Teis. Ademáis, reformaránse con 220.000 euros as pistas polideportivas de Matamá, Torreiro, Coia, Valladares e Coutadas, ademais de facer unha nova en Navia.

Por outra banda, o Concello destiñará 1,4 millóns de euros ás parroquias de Lavadores, Calvario, Coruxo, Candeán, Beade, Bembribe, Alcabre, Cabral, Comesaña, Matamá, Oia, Navia, Saiáns, San Roque, Zamáns, Valladares e Castrelos; ademais de 350.000 euros a barrios históricos. Tamén se realizarán obras de humanización en Doctor Canoa -a onde destinarán 230.000 euros-, na rúa Toledo -190.000–, en Baixada a Ríos e Doctor Corbal -115.000 euros-, rúa Coutadas -335.000 euros-, en Alonso Ojeda -240.000 euros–, en Parque Martínez Garrido -290.000 euros- e en Méndez Pelayo -150.000 euros.
.
No tocante a infraestruturas educativas, o Consistorio investirá 300.000 euros na mellora da accesibilidade dos centros Islas Cíes, Doblada, Párroco Don Camilo, Lope de Vega, Frián, Sobreira, Valladares, Beade-Coutada, Eduardo Pondal, entre outros.

Finalmente, Caballero informou de que destiñarán 265.000 euros á creación dunha ducia parque infantís, 390.000 a un “gran” parque infantil en Castrelos, e 150.000 euros a parques biosaludables, que se ubicarán en Alcabre, Cabral, Navia, Balaídos, Teis, Castrelos, Travesía, Torrecedeira, Coya, Lavadores y Camelias.

Xerencia de Urbanismo
O rexedor explicou que na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da concesón de 22 licenzas de obra e 10 de actividade para un investimento total de 1.025.662 euros.

Fonte: Xornal Concello Vigo

Deportes, Infraestructuras, Parques y Jardines, Servicios Públicos , , , ,