El Concello publicará una lista de parcelas para VPO, alguna en Navia

Caballero anuncia a publicación “inmediata” do listado de parcelas municipais onde edificaranse 500 vivendas protexidas

Algunhas das parcelas, adiantou o alcalde, estarán emprazadas na Praza Elíptica, en Rosalía de Castro, en Lavadores, San Roque, Navia-Alcabre e en Aragón, entre outras. As vivendas “libres de plusvalía” rondarán os 90 metros cadrados e os 120.000 euros, e ergueranse como cooperativa de particulares. Caballero valorou que, por primeira vez, o Concello dispoña dun censo de terreos da súa titularidade, e adiantou que a próxima semana publicarase o listado de parcelas para VPO.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns a publicación “inmediata” do listado de parcelas municipais onde cooperativas de particulares poderán edificar 500 vivendas “libres de plusvalía”.

Abel Caballero adiantou que a próxima semana farase público o listado das parcelas -titularidade do Concello de Vigo- destinadas ás vivendas protexidas, pero xa avanzou algunhas ubicacións: Praza Elíptica, Rosalía de Castro, e varias en Lavadores e San Roque, Navia-Alcabre e Aragón.

Tamén adiantou o alcalde características das vivendas, que rondarán os 90 metros cadrados cun prezo aproximado de 120.000 euros, “moi por debaixo” do prezo de libre mercado. “Continuamos no proceso de apertura”, asegurou Caballero, para as 500 vivendas de promoción públca, o que é posible grazas á elaboración dun censo do solo patrimonio municipal, por primeira vez redactado.

O censo elaborado pola Concellería de Urbanismo revela que o Concello de Vigo dispón de 86 parcelas da súa titularidade nas que é posible edificar, que ocupan 62.000 metros cadrados de superficie e teñen un valor de 48 millóns de euros.

Segundo apuntara Caballero en comparecencias anteriores, os interesados en formar parte das cooperativas que erixirán os edificios poderán inscribirse na administración local.

Ver noticia original en la web de noticias del Concello de Vigo

Noticias, Vivienda , ,