Caballero avanza a posibilidade de construir instalacións deportivas entre o parque de Navia e os edificios

O alcalde vigués anunciou hoxe martes a disposición do Goberno municipal de facer inversións en instalacións deportivas entre o parque de Navia e as vivendas. Así o avanzou llo trasmitiu aos membros da asociación veciñal Teixugueira, durante un encontro no que tamén lles trasladou a negativa do Concello a recepcionar o parque ata que a Xunta non subsane as deficiencias das que informaron técnicos municipais.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, supeditou hoxe ao consenso cos veciños a posibilidade de construir instalacións deportivas (camos de fútbol e baloncesto) entre o parque de Navia e os edificios, nun área con moita demanda xa que xa reúne a máis de 6.000 habitantes e a previsión é que alcance os 10.000. Caballero transmitiulle esta posibilidade de construir campos de fútbol e baloncesto aos membros da asociación veciñal Teixugueira cos que hoxe martes mantivo unha reunión na Alcaldía.

Segundo explicou, durante o encontro no que repasaron distintos temas que afectan ao barrio como o exceso de velocidade ou a necesidade dun local municipal para a asociación, o rexedor tamén lles avanzou a negativa do Concello a recepcionar o parque de Navia «tal e como nolo quere ceder a Xunta» , ata que a non subsane as deficiencias que detectaron os técnicos municipais. Na mesma liña, o alcalde destacou que, desde que no mes de setembro o Concello se fixera cargo do mantemento das zonas entre edificios, «estamos facendo o que se debía facer», aludindo ao servizo de limpeza das rúas.

Colexio Castelao
Respecto a obra que precisa o colexio Castelao dun patio cuberto, o rexedor indicou que se trata dunha responsabilidade da Xunta, «quen asegura que non ten 150.000 euros para esta obra». Logo de aclarar que o Concello «non pode ser suplente das obras que non acomete a Xunta dentro das súas competencias», Caballero lembrou que o Concello investiu en dotacións educativas nos últimos catro anos 2 millóns de euros en inversións que lle correspondían á Xunta, unha cantidade á que hai que sumar outros 2 millóns en medio en obras de mantemento, de competencia municipal.

Ver la noticia en el Xornal del Concello de Vigo

Related Images:

Cultura y Educación, Deportes, Infraestructuras, Merece solución, Noticias, Parques y Jardines, Servicios Públicos, Vecindad , , , , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.