Este viernes el Concello sacó una nota de prensa con los temas relacionados con la educación en Vigo, en concreto tema de becas de comedor y libros para el próximo curso escolar. Entre las informaciones destaca que sigue a la espera de la Inspección Técnica obligatoria cuyo visto bueno depende de la Xunta y que demora la apertura de la nueva Escuela Infantil cuyas obras finalizaron hace unos meses.
Reproducimos a continuación la nota de prensa al completo:
«O goberno local adica case 2 millóns de euros a achegas de libros e comedor escolar
A Xunta de Goberno Local deu luz vede ás bases e á convocatoria das bolsas municipais de libros e comedor para o próximo curso escolar 2015-2016, cun investimento total do Concello próximo aos 2 millóns de euros. O obxectivo do equipo que dirixe Caballero é a concesión da axuda a todos os que o precisen e, como xa acontece neste curso, eliminar a lista de agarda.
O goberno local aprobou hoxe venres as bases e a convocatoria das achegas municipais escolares de libros e comedor nos centros públicos e concertados de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria. Segundo explicou Caballero, o Concello adica case 2 millóns de euros á concesión destas becas, co obxectivo de garantir a todos os solicitantes a súa axuda económica e comezar o próximo curso escolar sen lista de agarda, como xa acontece actualmente.
A Xunta de Goberno local tamén deu luz verde á contratación do servizo para a xestión da escola infantil de Mestres Goldar, en Castrelos. Segundo detallou o rexedor, aprobouse o gasto plurianual desde este 2015 ata o 2019, ademais dos pregos de condicións e do procedemento para a contratación da xestión. Caballero recordou que Mestres Goldar sumará 100 prazas máis ás xa existentes e solicitou á Xunta de Galicia celeridade na inspección técnica necesaria para a apertura desta e da que o Concello de Vigo construíu en Navia.
O alcalde tamén deu conta da aprobación de dous proxectos de colaboración coa Asociación de persoas xordas de Vigo. Trátase de 26.000 euros parsa axudad á contratación do servizo de intérprete de lingua de signos para o ano 2015.
Na área de Fomento, o goberno local validou o plan de seguridae e saúde da renovación da rede de saneamento da rúa Robleda, entre o número 52 e o 60, e a contratación para a execución de obras de humanización das rúas Álvaro Cunqueiro, Avenida Buenos Aires e Cañiza, que comezarán na súa primeira fase coa capa de rodadura para continuar en etapas sucesivas co resto da reforma.
Por último, adxudicouse o procedemento aberto para a contratación de servizos de conservación e reposición de parques infantís, áreas biosaudables e deportivo-ximnásticas, ademais de mobiliario urbano.»
Fuente: Xornal del Concello de Vigo