Premio Aproin 2010 Mellor VPO

Teixugueiras 36O PAU de Navia caracterízase por ser un polígono residencial de vivendas VPO cuias edificacións teñen un volume de vivendas grande por cada bloque. Os edificios alí construídos teñen elementos que se repiten como soportais, galerías, patios de luces, etc. Tódalas vivendas están unidas pola rúa Teixugueiras que actúa de eixo de unión e dende ela se alzamos a vista veremos as siluetas dos distintos edificios que a conforman. Un deses edificios chama a atención pola rotura da verticalidade que ten e que foi merecedor do premio Aproin 2010 o millor edificio VPO.

Trátase do edificio situado en Teixugueiras 36 e que foi deseñado por Juan M. Iglesias Portela do estudio EAU de Arquitectura.

Mentras que outros edificios son completamente planos a nivel vertical e só sobresaen deles as súas galerías, neste edificio formado por dúas torres o protagonismo é pra quinta planta completamente acristalada en tódalas estancias exteriores dos pisos en esquina. A fachada do edificio está caracterizado polas galerías do salón e dormitorio principal que xunto a fachada transventilada porcelánica e de composite de aluminio negro-gris dan un aspecto moderno e distinguido o edificio. Dende a base podemos ver colunas de aceiro e outras con forma triangular ou rectangular rematadas coas placas cerámicas da fachada pero en cor negra. O entresuelo está colgando no aire gracias a que a maior parte do peso do edificio vai soportado en colunas interiores.

A fachada transventilada contribúe a un mellor aillamento acústico así como unha gran mellora no comportamento térmico xa que permite unha ventilación e unha diminución das oscilacións térmicas. As placas cerámicas que a forman son innífugas e a súa montaxe está sendo revisada concienzudamente tras un incidente acontecido con 2 placas.

Cando entramos, a súa porta de aceiro e madeira natural descubre un hall que separa as dúas zonas de vivendas cunha pequena «gran» escalinata que finalmente por motivos de seguridade non pode alcanzar a beleza coa que se proxectou o ter que estar dividida por un tabique. A barandilla en cristal da paso a un  pasamáns de aceiro inoxidable nos catro tiros de escaleiras que conforman cada torre e que se van entrecruzando en cada unha das plantas de tal forma que se no primeiro saimos polo lado esquerdo da escaleira no segundo sairemos polo dereito e así sucesivamente. Catro ascensores con capacidade pra 8 persoas, pulsadores táctiles e cunha velocidade de 1m/s nos elevan rápidamente a altura desexada deixando atrás a nobleza que a carpintería en teca lle outorga a entrada. Pena dun grupo de buzóns que afean moito a estampa do recibidor.

Unha vez chegado ás vivendas atopomos un rellano en cor escura que une catro vivendas por lado (en total hai 8 vivendas por planta). As vivendas son de dous tipos, as que dan o patio de luces (saíndo dos ascensores están nas esquinas) ou as que non dan o patio (frente o ascensor). En común teñen carecer de pilares polo medio das paredes, porta corredera de cristal entre cociña e tendedeiro e de madeira entre dormitorio principal e baño. Teñen tubos individuais dende os baños interiores e dende as cociñas ata o tellado no cal hai un sistema de ventilación forzada que extrae constantemente o aire. As ventás son case enteiras dende o chan o teito, oscilobatientes, cunha disposición 4+4-12-6 mm única en Navia. Veñen provistas de pilón, toma de auga quente e fría pra lavavaixelas, así como de radiadores de aluminio conectados entre sí a unha caldeira colectiva que dá servicio a cada escaleira habendo dúas caldeiras por edificio. Sen dúbida unha característica que distingue este edificio doutros é que está dotado dun vestidor no dormitorio principal e de armarios en carballo de considerable tamaño nos outros dormitorios que fan as delicias dos que gustan de ter moita roupa.

Cada unha das vivendas ten dúas prazas de garaxe estando situadas nalgún dos tres sótanos que o compoñen e habendo en total 311 prazas. O acceso ás mesmas é máis parecido a un centro comercial (parece o do Corte Inglés) que a un edificio e hai que andar con ollo nos xiros porque un despiste implica un raiazo no coche. O acceso ós garaxes faise a través dunha rampa de entrada e outra de saída.

Ademais das prazas de garaxe cada vivenda conta cun trasteiro ou unha bodega segundo se escollera que van dende os 7 metros cadrados ata case 10 metros dalgunha bodega.

Na plaza central a instalación pra saída de gases do garaxe está realizada cunhas formas pra que sirva tamén de asento pros veciños, integrándose perfectamente na estética innovadora das dúas torres e acompañada de catro farolas que iluminan as noites do PAU.

O edificio xa conta coas instalacións de cable dos distintos operadores  (R e Telefónica) e actualmente está prácticamente finalizado quedando detalles por pulir tanto no edificio como pequenos defectos no interior das vivendas.

Sen dúbida este premio ven a recoñecer a enorme personalidade que ten o edificio e cuia beleza visual poden desfrutar tódolos habitantes de Navia.

http://www.aproin.com/revista/Aproin%2068%20BR.pdf
http://www.revistaaluminio.com/?attachment_id=306

Related Images:

Vivienda , , , , ,

2 comentarios


Responder a Uno del 5º Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.