Mensaje de Mais que Auga para los ve…

Mensaje de Mais que Auga para los vecinos:
«Prezado/a amigo/a:

Tal e como nos comprometemos no seu día, poñémonos en contacto con vostede para informarlle das novidades sobre a apertura das instalacións de Máis que Auga en Navia.

O vindeiro día 24 de agosto procederemos á apertura do prazo de inscrición a través da nosa páxina web (www.maisqueauga.com) dende o apartado Faite socio. Deste xeito evitará esperas, e poderá vostede inscribirse de forma sinxela dende calquer dispositivo con conexión a internet.

Ademáis, teremos unha oferta de apertura pola que as 500 primeiras persoas en asociarse a Navia non terán que abonar matrícula e faremos un agasallo dun “garda-todo” para os 2.000 primeiros socios da nova instalación.

Pode consultar as nosas tarifas a través do seguinte enlace a nosa web:

http://maisqueauga.com/wordpress/wp-content/uploads/2015/08/TARIFAS-NAVIA.pdf

E a partir do próximo 31 de agosto xa estaremos presentes na propia instalación, polo que aquelas persoas que prefiran abonarse in-situ , contratar ou cambiar, un curso de piscina/ sala, poderán facelo a partir dese día.

Queremos indicarlle que a documentación precisa para tramitar a alta como abonado/cursillista será :

· DNI
· Acreditación de número de conta bancaria con IBAN.
· Libro de familia ou certificado de parella de feito (Np caso de Abonos familiares e menores)
· Certificado de discapacidade do organismo competente, porcentaxe igual ou superior o 33% (Só para abonos discapacitado)

A apertura da instalación está prevista a mediados do mes de setembro, polo que ó tramitar a súa alta, só deberá pagar a matrícula, e no momento de apertura domiciliaremos o importe proporcional os días de servizo activo.

Quedamos á súa disposición para atender calquer dúbida, nos nosos centros de Barreiro e Coia e na propia instalación de Navia a partir do día 31 de agosto. Tamén pode realizar as súas consultas dende a sección Contacto da web www.maisqueauga.com , e no teléfono 618288755.

Moitas grazas polo seu interese,

Departamento de atención ó cliente Máisqueauga Navia

navia@maisqueauga.com»
AS

Related Images:

facebook

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.