Del 18 al 20 de julio, segunda edición de VIKUL, Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo en el Verbum

Xunto aos organizadores, o alcalde presentou onte luns a segunda edición de VIKUL, o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que se celebrará no Verbum entre os días 18 e 20 de xullo. Clases maxistrais de artistas nacionais e internacionais compartirán cartel con actuacións na rúa, obradoiros de danza e graffiti para os máis pequenos e un gran flashmob de peche.

O alcalde, Abel Caballero, asegurou que VIKUL 2014 procura encher á cidade de danza urbana, cun «nivel internacional importante» e como «unha forma de vivir Vigo», ao tempo que animou á cidade a sumarse e participar no evento para converter «ao Verbum e a Samil no lugar de referencia da danza urbana de toda España».

O prato forte do encontro internacional serán as masterclasses impartidas por sete figuras de ámbito nacional e internacional, como Anthony Thomas (Los Ángeles), coreógrafo de Janet Jackson; Omar Fernández (Valencia), membro de The Richboyz Project; Karon Lynn (New York – Los Ángeles), bailarín de Pharrell Willians, Rihanna, No Doubt, Nelly Furtado…; Laure Courtellemont (Francia – New York), creadora do Ragga Jam; Viet Dang (Los Ángeles), bailarín de Beyonce, Rihanna, KE$HA e Mika; Viki ĈerĈek (Londres), 4 veces campiona internacional en IDO WORLD CHAMPIONSHIP; Ellen Kim (San Francisco – Los Ángeles), bailarina de Beyoncé, Amerie, LL Cool J, Snoop Dog e STOMP, Pharrell Williams, Usher, Jason Derulo.

Para os máis pequenos a organización preparou obradoiros de danza e graffiti, con dúas modalidades. KIDS-PRO oferta masterclasses a cargo de Irene Pallarés (Profesora de Operación Triunfo -tres primeiras edicións en TVE1-, coreógrafa de Natalia, Tony Santos, Rusia, Pearcing, Estopa, SPS), artista nacional de recoñecida traxectoria para aqueles mozos de entre 7 e 14 anos que xa están iniciados na danza. KIDS-PLAY, pola súa banda, son clases de iniciación á danza para todo aquel que queira apuntarse in situ co obxectivo de inculcar o amor polo baile nos máis pequenos e de difundir esta disciplina entre pais e nenos da cidade. Ao finalizar cada unha das clases, tanto de KIDS-PRO como KIDS-PLAY, os pequenos poderán gozar do taller de pintura e graffiti.

A maior demanda por parte do público en xeral durante a primeira edición, en decembro de 2013, centrouse en peticións de actuacións na rúa. Por iso, a organización propuxo a participación en espectáculos, tanto no propio ámbito da Praia de Samil como no centro urbano de Vigo, a compañías de danza afeccionados, co obxectivo de lograr unhas 50 actuacións públicas e gratuítas aos longo dos tres días de evento, en sesións de mañá e tarde.

A programación pecharase cun gran flasmob no que participen tanto os asistentes á calqueira das actividades de VIKUL como aqueles que queiran apuntarse. A coreografía -con Viet Dang como mestre de ceremonias- será publicada en redes sociais para que os que desexen aprendela poidan sumarse á clausura do Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo.

Fonte: Xornal Concello de Vigo

Related Images:

Deportes, Eventos, Noticias , , , ,

6 comentarios


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.