O Concello adxudica a obra para cubrir o patio do colexio Castelao por 166.000 euros

O alcalde explicou que o contrato, adxudicado provisionalmente, inclúe tamén a renovación do pavimento do patio e a instalación de faldóns laterais de protección contra a chuvia. Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local acordouse a reposición de 377 árbores en mal estado na cidade.

Abel Caballero deu conta este martes da clasificación de ofertas -a anterior adxudicación provisional, para a contratación das obras de mellora e reposición do patio do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, en Navia. O alcalde informou que o goberno de Vigo investirá 166.000 euros para cubrir o patio do nomeado colexio, renovar o pavimento do mesmo e instalar faldóns laterais para protexelo da chuvia.

O rexedor vigués denunciou que a cobertura do patio de Navia é «competencia» da Xunta de Galicia, mais o acomete o Concello porque o goberno autonómico «non atende aos problemas da cidade de Vigo».

Colegio Alfonso Rodríguez Castelao. Vista Satélite.

Colegio Alfonso Rodríguez Castelao. Vista Satélite.

Fonte: Xornal Concello de Vigo

Related Images:

Cultura y Educación, Infraestructuras, Noticias , , ,

15 comentarios


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.