VII Marcha Ciclista a Navia 2012

Mañá, 27 de maio, a partir das 11 horas e con saída no nº 28 da rúa As Teixugueiras celébrase a VII Marcha Ciclista Navia 2012.

Como outros anos, os dorsáis recolléronse na secretaria do centro cultural de Navia en horario de 17 a 21 horas, ainda que non son necesarios para participar.

No sorteo de agasallos, no caso de que os teñan, só participarán os que teñan dorsáis e estén presentes no momento do sorteo.

A marcha, como sempre, está organizada pola Asociación de Veciños Emilio Crespo en colaboración coa Sociedade Deportiva Alerta-Navia e patrocinada pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo.

Non se repartirán dorsáis o propio día da marcha.

Rueiro polo que se desenvolverá a proba.
Percorrido total: 9,00 quilómetros.
Tempo de recorrido: 70 – 130 minutos.

SAÍDA – Hora: 11:00 horas – Rúa Teixugueiras, Praza Principal. Nº 28
META – Centro Cultural de Navia – Hora: 13:00 horas Aprox.

PERCORRIDO

PRIMEIRA ETAPA
1.- Rúa Teixugueiras – Praza Principal. Nº28
2.- Rúa Ufas.
3.- Rúa Pedraseixa
4.- Rúa Limpiños.
5.- Rúa Teixugueiras.
6.- Rúa Ufas.
7.- Rúa Pedraseixa.

AVITUALLAMIENTO NO ESPAZO VERDE DE NAVIA

SEGUNDA ETAPA
8.- Rúa Pedra Seixa
9.- Rúa Xuncal
10.- Rúa San Paio de Navia.
11.- Rúa do Rio.
12.- Avda. de Samil.
13.- Avda. de Europa.
14.- Rúa Bravo.
15.- Rúa Pereiras.
16.- Rúa Lourido.
17.- Rúa Bravo.
18.- FINAL NO CENTRO CULTURAL DE NAVIA.

Related Images:

Deportes, Eventos, Vecindad , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.