O concelleiro de Deportes anima á mocidade viguesa a asistir ao Campionato de España de freestyle, en Navia a fin de semana

A patinaxe freestyle aterra en Vigo por vez primeira a nivel de Campionato de España. A sexta edición dun evento polo que puxaban cidades como Barcelona ou Valencia celébrase esta fin de semana no Multiusos de Navia baixo a organización do Freestyle Slalom Vigo e o patrocinio do Concello de Vigo a través da Concellería de Deportes.

O edil de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe «outro Campionato de España máis», dos varios que se organizan en Vigo ao longo do ano, pero agora «dunha especialidade nova, interesante, que a mocidade goza bastante; é un gran evento dunha excelente disciplina deportiva», sostivo.

A entrada a Navia será de balde e a competición comezará o sábado a 15:15 horas co speed slalom feminino, para continuar ás 18:45 co battle, concluíndo a primeira xornada sobre as 22:00 horas. O domingo, o polideportivo verá derrapes (9:40), jam (10:35), classic (11:10) e salto (15:10), para rematar ás 18:30 cunha ruta turística en patines desde Samil e percorrendo Vigo.

Campeonato España Freestyle Slalom

Presentación campeonato España patinaje Freestyle Slalom

«Estamos orgullosos de poder organizalo e esperemos que os nosos patinadores, novas promesas, teñan acerto e poidan subir ao podio», dixo Iñaki Ramón, responsable da organización e que na rolda de prensa estaba acompañado por unha adestradora do club.

Corenta participantes de nove comunidades autónomas, Cataluña, Madrid, Valencia, Cantabria, Canarias e as dúas Castelas entre elas, tentarán impoñerse en seis modalidades programadas, speed slalom, battle, derrapes, jam, classic e salto sen rampa, que en 2013 foron fundamentalmente dominadas por Madrid e Valencia.

O club vigués, nacido en 2008, recibiu do estamento federativo esta organización por tres motivos fundamentais: gustou a opción viguesa respecto de a doutras cidades «onde xa se celebrou o Nacional en anteriores ocasións», a pista é unha instalación moi moderna, e o club FSV aprobou con nota a organización dunha das etapas da Copa de España en 2013, no pavillón do Carmen.

Ademais, o Nacional de Vigo servirá ao corpo técnico da Real Federación Española de Patinaje, formado polo seleccionador, o vigués Iñaki Ramón, e o xuíz internacional Francisco Cabeza, para evaluar as posibilidades dos patinadores cara á selección que se estuda levar ao Campionato do Mundo (París, 21-26 de outubro).

Fonte: Xornal do Concello de Vigo

Related Images:

Deportes, Eventos, Noticias , , , ,

16 comentarios


Responder a jk Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.