Os alumnos do colexio Rodríguez Castelao xa gozan dunha pista deportiva cuberta

Abel Caballero achegouse onte mércores ata o colexio Alfonso Rodríguez Castelao para comprobar o resultado das obras da cuberta para o patio e a pista deportiva. O importe destes traballos foi de 154.000 euros que foron asumidos en exclusiva polo Concello a «pesar de ser un compromiso e unha obriga da Xunta de Galicia».

Os alumnos do colexio público Alfonso Rodríguez Castelao disfrutan xa dunha pista deportiva e de recreo cuberta, logo de que remataran as obras que realizou o Concello de Vigo. Tal e como detallou o rexedor durante a visita, trátase dunha estructura metálica duns 1.300 m2 que leva un panel de la de roca con chapa interior perforada, co obxectivo de atenuar o nivel sonoro. O importe da obra foi de preto de 155.000 euros, asumidos en exclusiva polo Concello. En declaracións aos medios, Caballero denunciou o abandono do Goberno autonómico e lembrou que o Concello acometeu esta obra a pesar de ser «unha competencia e un compromiso exclusivo da Xunta de Galicia», nos o fixemos «porque aínda que non é unha obriga legal, se é moral». Asimesmo, o rexedor aproveitou a súa visita ao centro para lembrar que o colexio precisa unha ampliación porque está nun barrio moi populoso e son moitos os nenos que teñen que escolarizarse noutras zonas, polo que «seguimos esixindo que se amplíe o edificio que e a Xunta non ten pensado facer», subliñou.

Alcalde supervisa la cubierta del Patio

Alcalde supervisa la cubierta del Patio

Fuente: Xornal Noticias Concello Vigo

Cultura y Educación, Deportes, Infraestructuras, Servicios Públicos , , ,