A Xerencia de Urbanismo aprobou as bases da convocatoria para adxudicar dúas vivendas municipais en Teixugueiras (Navia) en réxime de aluguer. Estes dous pisos salen de novo a concurso unha vez que quedaron desertos no Programa de Realoxo de Desafiuzados polo que se cederon outras cinco vivendas.
O Concello deu luz verde as bases da convocatoria que rexirán a adxudicación das dúas vivendas municipais en Teixugueiras 17 (Navia) en réxime de aloxamento transitorio. Os destinatarios destes pisos son persoas ou unidades familiares nas que algún membro teña recoñecida a condición de persoa con mobilidade reducida de carácter permanente.
O procedemento establece un mes para presentar as solicitudes no Rexistro da Xerencia, a contar desde a publicación do acordo aprobado hoxe no BPO e no taboleiro de anuncios da Xerencia. O préstamo das vivendas das dúas vivendas será por 24 meses, prorrogables outros seis, se se manteñen os requisitos: rendas económicas iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM e patrimonio inmobiliario con valor catastral inferior a 30.000 euros. Os beneficiarios pagan comunidade e gastos, e 50 euros/mes a modo de garantía.
O Concello sacou a concurso as 7 vivendas de titularidade municipal dentro do Programa de Realoxo Transitorio para Desfiuzados, das que se adxudicaron cinco e as outras dúas son as que agora saen de novo a concurso, nesta ocasión destiñadas a persoas con discapacidade.
O rexedor explicou que nestes momentos, ademais dos desafiuzamentos dos bancos, a Xunta tamén está a deixar a xente na rúa e reiterou o compromiso do Concello, que está a asumir estas situacións. Neste punto engadiu que os orzamentos que nestes momentos están en trámite inclúen 700.000 euros no orzamento para axudar a estas familias, «a partida social máis importante na historia da cidade».
Fuente: Xornal Concello de Vigo
Adj de Yesus liked this on Facebook.
Noelia Fernandez Vidal liked this on Facebook.
Rebbie Docampo liked this on Facebook.
Marián García Pazó liked this on Facebook.
Penacrecha Crecha liked this on Facebook.
Sonia Maria Roman Olmo liked this on Facebook.
Lorena Pardo liked this on Facebook.
Javier Villalba liked this on Facebook.
Ana Martínez liked this on Facebook.
Elda Prol Hernandez liked this on Facebook.
Fer Cq liked this on Facebook.
Desearía conocer la fecha de convocatorias de pisos de protección oficial en régimen de alquiler