A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran o investimento de preto de 6 millóns de euros que a Xunta Local de Goberno ven de aprobar. Esta partida é o superávit de 2012 que se pode investir «porque o Concello xestiona ben», puntualizou o alcalde.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde hoxe venres ao proxecto inversor que o goberno local someterá a dictame do Pleno o próximo 23 de xaneiro, logo de que se reunira hoxe a Xunta de Voceiros. En rolda de prensa, Caballero felicitouse esta mañá por ter a oportunidade de investir na cidade preto de 6 millóns de euros do superátiv de 2012, unha posibilidade real «porque o Concello xestiona ben».
Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor detallou o listado de actuacións previsto, comezando por 1 millón de euros para substituir a cuberta da grada de Río e actuacións de consolidación estructural en Balaídos. Seguindo co mundo do deporte, haberá 420.000 euros para renovar o césped dos campos de fútbol de Travesas e Samil, e 147.000 euros para a construcción dun novo campo fútbol 11 en Teis. Ademáis, reformaránse con 220.000 euros as pistas polideportivas de Matamá, Torreiro, Coia, Valladares e Coutadas, ademais de facer unha nova en Navia.
Por outra banda, o Concello destiñará 1,4 millóns de euros ás parroquias de Lavadores, Calvario, Coruxo, Candeán, Beade, Bembribe, Alcabre, Cabral, Comesaña, Matamá, Oia, Navia, Saiáns, San Roque, Zamáns, Valladares e Castrelos; ademais de 350.000 euros a barrios históricos. Tamén se realizarán obras de humanización en Doctor Canoa -a onde destinarán 230.000 euros-, na rúa Toledo -190.000–, en Baixada a Ríos e Doctor Corbal -115.000 euros-, rúa Coutadas -335.000 euros-, en Alonso Ojeda -240.000 euros–, en Parque Martínez Garrido -290.000 euros- e en Méndez Pelayo -150.000 euros.
.
No tocante a infraestruturas educativas, o Consistorio investirá 300.000 euros na mellora da accesibilidade dos centros Islas Cíes, Doblada, Párroco Don Camilo, Lope de Vega, Frián, Sobreira, Valladares, Beade-Coutada, Eduardo Pondal, entre outros.
Finalmente, Caballero informou de que destiñarán 265.000 euros á creación dunha ducia parque infantís, 390.000 a un «gran» parque infantil en Castrelos, e 150.000 euros a parques biosaludables, que se ubicarán en Alcabre, Cabral, Navia, Balaídos, Teis, Castrelos, Travesía, Torrecedeira, Coya, Lavadores y Camelias.
Xerencia de Urbanismo
O rexedor explicou que na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da concesón de 22 licenzas de obra e 10 de actividade para un investimento total de 1.025.662 euros.
Fonte: Xornal Concello Vigo
Noelia Fernandez Vidal liked this on Facebook.
Raquel Calvo liked this on Facebook.
Lorena Pardo liked this on Facebook.
Morena Clara liked this on Facebook.
Bea Abraldes liked this on Facebook.
Fernando Nuñez Davila liked this on Facebook.
Ana Martínez liked this on Facebook.
Rosa Villaverde Pena liked this on Facebook.
Santa Envidia Cool Empresa liked this on Facebook.
Relacionada:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/01/10/gobierno-vigo-destinara-mayoria-superavit-6-millones-balaidos-humanizaciones/00031389373063054454846.htm
AS
Relacionada:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/01/10/concello-destina-6-millones-superavit/945449.html
AS