O Concello mellorará os accesos a Navia pola Avenida de Europa e Coia

Mellorar os accesos ou reforestar o parque de Navia son algúns dos compromisos que o rexedor asumiu con responsables de asociacións de veciños e comerciantes do barrio ao longo dun encontro que mantiveron esta mañá de mércores na Alcaldía.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeuse hoxe mércores a dar saída a Navia pola Avenida de Europa así como a conectar a pé o barrio con Coia, mellorando os accesos desde a zona intermedia de Teixugueiras. Ao longo dun encontro que mantivo esta mañá con responsables veciñais e comerciais do barrio, o rexedor asumiu, asimesmo, a necesidade de reforestar o parque «porque queremos facer unha zona verde relevante que sirva de espazo de ocio para toda a cidade». Tamén se referiu á necesidade de mellorar a zona de auga e de construir novos aparcamentos.

No tocante as instalacións educativas, apuntou que «hoxe mesmo envieille unha carta á Xunta» reiterando a petición da ampliación do colexio, superado coa demanda, así como a cuberta do patio, responsabilidade única da administración autonómica.

Infraestructuras, Merece solución, Parques y Jardines, Servicios Públicos, Tráfico , , ,