Navia será la sede principal del XXVII Campeonato de España de baloncesto infantil femenino

Presentación Campeonato Baloncesto

Presentación Campeonato Baloncesto

Xabier Alonso di que o Campionato de España infantil de baloncesto feminino reunirá aos 32 mellores equipos

Vigo albergará do 19 ao 25 de xuño a maior concentración de clubs da historia en disputa dunha competición dun deporte olímpico de equipo. O 27 Campionato de España de baloncesto infantil feminino celebrarase en catro recintos, Navia, As Travesas, Bouzas e o Polideportivo Universitario, e participarán por vez primeira 32 equipos polo título, con máxima representación galega ao clasificarse o campión de Galicia, Arxil Pontevedra, o Celta Maristas Novacaixagalicia (subcampión autonómico) e o Maristas Coruña, terceiro na Liga Galega.

Segundo indicou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, «este evento explícase por si mesmo, xa que era obrigación traelo. Non ten sentido a alta competición sen un traballo no deporte base, e eventos como este ilusionan». O concelleiro entende que un evento como este «non desmerece a ningún Mundial dos que se fixeron na cidade».

O campionato contará con 450 participantes entre xogadoras de 13-14 anos de idade e técnicos, que ademais moverán a familiares de todas as comunidades autónomas. «Veñen os mellores equipos de España, con grandes xogadoras, pero tamén hai un compoñente económico importante porque se van a encher os hoteis», sostivo o concelleiro nacionalista. A organización prevé 2.000 persoas entre familiares e acompañantes.

O novo multiusos de Navia será a sede central e os equipos repartiranse polos catro pavillóns nunha primeira fase de tres días con catro equipos en cada un dos oito grupos formados. Despois chegarán as eliminatorias que acabarán coa final o 25 de xuño ás 13:00 horas en Navia.

Ao acto acudiron o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; o director da área de Estudantes e Deportes da Universidade de Vigo, Michel Nombela; e en representación do club organizador, Felipe Carrascosa, directivo responsable das categorías inferiores do C.D. Bosco, e Sara Gómez, xogadora do Celta Indepo.

Carrascosa destacou que a esta xeración pertencía Claudia Fernández, xogadora do club falecida hai ano e medio. «Era moi importante para este equipo e estará na mente de todos». Pola súa banda, o presidente da FGB lembrou que dende 1987 non se disputaba un campionato de baloncesto desta magnitude en Vigo (o Estatal junior feminino) e considerou «fundamental» para o éxito continuado do baloncesto feminino o apoio á base, «que son os cimentos e o Celta estaos construíndo». Nombela, en representación da Uvigo, dixo que «é un deber como universidade colaborar nas actividades de formación».

Ver noticia original en Xornal do Concello de Vigo

Related Images:

Deportes, Eventos , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.