Concello de Vigo
Desde onte martes ata o 14 de xullo poderán solicitarse as axudas municipais de aloxamento, subministros e alimentación nunha oficiña instalada na Lonxa do Concello entre as 09,00 e as 13,30 horas. As achegas deste programa, dotado cun 2 millóns de euros, adxudicaránse en réxime de concurrencia competitiva.
O alcalde deu conta onte a mañá da apertura do prazo para solicitar o Programa municipal de axudas para gastos de aloxamento, subministros e alimentación dotado con 2 millóns de euros. Tal e como explicou, os interesados poderán optar a estas achegas ata o 14 de xullo, solicitándoas nunha oficiña instalada na Lonxa do Concello e a adxudicación será en réxime de concurrencia competitiva. Tal como explicou o rexedor, estánse a axilizar os trámites para que estes cartos cheguen canto antes ás familias dado que xa se poden facilitar cando aínda non está en vigor o orzamento de 2014.
Os requisitos para acceder a estas axudas sociais son os seguintes:
– todos os membros da unidade de convivencia deben residir e estar empadronado en Vigo desde hai tres anos;
– todos os membros da unidade familiar deben compartir vivenda co solicitante a data 1 de xaneiro de 2014;
– ningún membro da unidade de convivencia pode ter renunciado a ningunha axuda o prestación á que tivera dereito;
– ningún membro da unidade pode ter ben inmoble que non sexa a vivenda habitual;
– as rendas da persoa ou unidade de convivencia, unha vez descontado o coste mensual dos gastos de aloxamento, non superen os seguintes límites:
Ingresos máximos por unidade de convivencia:
1 membro: 200 euros
2 membros: 300 euros
3 membros: 375 euros
4 membros: 450 euros
5 membros: 500 euros
6 membros: 575 euros
Os gastos mensuais de aloxamento que se poderán deducir dos ingresos son os seguintes:
1 membro: 150 euros
2 membros: 250 euros
3 membros: 275 euros
4 membros: 300 euros
5 membros: 350 euros
6 membros: 400 euros
Máis información: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=328&lang=ga
Lorena Pardo liked this on Facebook.
Maria Pillado liked this on Facebook.
Sara Maria Barral Lago liked this on Facebook.
Andrea Fer liked this on Facebook.
Ana Martínez liked this on Facebook.
Noelia Fernandez Vidal liked this on Facebook.
Mónica Té liked this on Facebook.