Os traballos de mellora dos acceso a Navia desde a VG-20 arrancarán «de xeito inmediato», segundo avanzou hoxe o alcalde, nunha rolda de prensa na que tamén anunciou a aprobación do proxecto da primeira fase da humanización da rúa Rosalía de Castro.
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de acondicionamento e mellora do acceso ao barrio de Navia desde a VG20, o coñecido como codo de Teixugueiras, para crear un corredor, un aparcamento, zonas verdes, ademais de proceder ao acondicionamento de beirarrúas por debaixo da VG20. Segundo explicou o rexedor, esta obra esteba pendente, faltaba este acceso, que «por certo tería que facer a Xunta porque a construcción deste barrio é deficiente nos accesos peonís. Indicou que os traballos ascenden a preto de 200.000 euros, que comezarán de xeito inmediato, estendéndose durante un mes.
Os accesos peonís ao barrio dende o anexo de Coia son moi limitados; neste sentido céntranse na glorieta coa Avda. de Europa, glorieta elevada sobre a VG-10, ao norte do ámbito, así como na glorieta por debaixo da VG-10, na conexión desta coa VG-20, ao sur, distando ambos os dous puntos case 700 metros e non existe ningunha outra conexión peonil entre o Barrio de Navia e o resto da cidade consolidada.
Actualmente, a zona obxecto do proxecto é unha explanada de terra utilizada como aparcamento de vehículos. Existe unha conexión peonil cun paso de peóns que cruza a VG-10, pero o acceso actual está moi deteriorado, existindo tramos sen beirarrúa. Proxéctase ante a devandita situación un reforzo das condicións de acceso nos ramais norte da VG-10 sobre os que se desenvolve o paso de peóns, establecendo sinalización horizontal e vertical para limitación de velocidade e pasos de peóns de maior tamaño.
Prantéxase ademais a execución dunha beirarrúa baixo o paso superior da VG-10 que complete o itinerario peonil de acceso ao barrio de Navia. Para mellorar a imaxe do paso peonil baixo o paso superior proponse o panelado do pilar e o estribo con placas de formigón polímero con acabado superficial Gel-Coat colocados sobre perfiles-guía. Ademáis o proxecto inclúe a execución dun novo aparcamento, regulando así o actual aparcamento ilegal tanto na parcela que actualmente está sen urbanizar coma no vial de acceso a ela. Incorpórase ademais unha ampla superficie axardinada que suavice a visión da rotonda da VG-20, resultando un espazo agradable para o peón.
Asímesmo se acomete a mellora da iluminación coa inclusión de novos puntos de luz similares aos existentes. Ademais aprovéitase a intervención para ampliar a rede de pluviais e soterrar o tendido aéreo existente de telefonía.
A vexetación articúlase a partir de alcorques no límite da beirarrúa e de tres zonas verdes cun total de 657 m2 de superficie aproximadamente .
Fuente: Xornal do Concello
Sonia Maria Roman Olmo liked this on Facebook.
María Maria liked this on Facebook.
Noelia Fernandez Vidal liked this on Facebook.
Raquel Fernandez liked this on Facebook.
Iago Viudez Nogueira liked this on Facebook.
Yoli Quevedo liked this on Facebook.
Santa Envidia Cool Empresa liked this on Facebook.
Silvia Alonso liked this on Facebook.
Yolanda Pérez liked this on Facebook.
no sé, no sé..