8/5/14: O goberno local dará luz verde esta mesma semana aos proxectos que se van sufragar con cargo aos 5,9 millóns do superávit 2012. A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran a grande parte deste investimento.
O goberno local aprobará nesta semana os proxectos definitivos que se van a acometer cos 5,9 millóns procedentes do superávit do 2012. Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor lembrou o listado de actuacións previsto, comezando por 1,3 millón de euros para substituir a cuberta da grada de Río e actuacións de consolidación estructural en Balaídos. Seguindo co mundo do deporte, haberá 420.000 euros para renovar o césped dos campos de fútbol de Travesas e Samil, e un novo campo fútbol na Etea. Ademáis, reformaránse con 220.000 euros as pistas polideportivas de Matamá, Torreiro, Coia, Valladares e Coutadas.
Por outra banda, o Concello destiñará 1,4 millóns de euros ás parroquias de Lavadores, Calvario, Coruxo, Candeán, Beade, Bembribe, Alcabre, Cabral, Comesaña, Matamá, Oia, Navia, Saiáns, San Roque, Zamáns, Valladares e Castrelos; ademais de 350.000 euros a barrios históricos. Tamén se realizarán obras de humanización en Doctor Canoa, na rúa Toledo; Baixada a Ríos e Doctor Corbal; rúa Coutadas; en Alonso Ojeda; en Parque Martínez Garrido e unha parte final de Méndez Pelayo -150.000 euros.
No tocante a infraestruturas educativas, o Consistorio investirá 220.000 euros na mellora da accesibilidade dos centros Islas Cíes, Doblada, Párroco Don Camilo, Lope de Vega, Frián, Sobreira, Valladares, Beade-Coutada, Eduardo Pondal, entre outros.
Finalmente, Caballero informou de que destiñarán 265.000 euros á creación dunha ducia parque infantís, 390.000 a un «gran» parque infantil en Castrelos, e 150.000 euros a parques biosaludables, que se ubicarán en Alcabre, Cabral, Navia, Balaídos, Teis, Castrelos, Travesía, Torrecedeira, Coya, Lavadores e Camelias. Tamén se reformarán os parques infantís de Navia, San Andrés, Pizarro, Pabellón Berbés, Pedro Alvarado, Alcabre, Matamá, Seara, Plaza Independencia, Bouzas, Venezuela.
Fonte: Xornal Concello de Vigo
Noelia Fernandez Vidal liked this on Facebook.
Sonia Camba Lopez liked this on Facebook.
Eva M. Ancosmede Amoedo liked this on Facebook.
Li Veiga liked this on Facebook.
Stella Campaña Chena liked this on Facebook.
Lorena Pardo liked this on Facebook.
Maria Torres Rodriguez liked this on Facebook.