O alcalde reiterou hoxe o seu compromiso con facilitar a conciliación familiar e laboral coa aprobación do proxecto para a execución dunha nova escola infantil en Navia, nun momento no que está a piques de abrir a de Castrelos. Coa posta en marcha deste centro, o goberno local duplica as prazas que había hai seis anos.
Abel Caballero amosou hoxe a «maravilla de proxecto arquitectónico» da nova escola infantil en Navia, un barrio con moitas parellas mozas e moita poboación infantil. Estas cen novas prazas, dispoñibles en 7 meses, hai que sumalas ás de Castrelos, centro que está a punto de abrir a súas portas, polo que, segundo o rexedor, o goberno local terá duplicado o número de prazas de guarderia que había na cidade hai 6 anos. Ao respecto, Caballero explicou que o réxime de funcionamento destes centro será o de todas as escolas muncipais que, por certo custan a metade que as da Xunta.
Na súa comparecencia cos medios de comunicación, Caballero avanzou que no próximo orzamento figurarán máis escolas infantís, ademáis de parques e bolsas de inglés.
Fuente: Xornal Concello de Vigo
Gonzalo Antonio Gandara Bouza liked this on Facebook.
Noelia Fernandez Vidal liked this on Facebook.
Silvia Paz Carneiro liked this on Facebook.
Anna Trapiella liked this on Facebook.
Naelba Navia liked this on Facebook.
TAMBIEN ANUNCIABA EL CIERRE DEL COLEGIO ALFONSO CASTELAO, SITO AQUI EN NAVIA