O goberno de Vigo esixe a Xunta e Fomento o soterramento da VG20 ao seu paso por Navia

O alcalde deu a coñecer este luns os requisitos do Concello para a aprobación definitiva da ampliación de Navia que promove a Xunta: non converter as zonas verdes en aparcamentos, facer unha glorieta na nova saída a Avenida de Europa, construir un instituto, instalar pantallas contra o ruido na VG20 e soterrala

Abel Caballero informou este venres en rolda de prensa dos requisitos municipais para a aprobación definitiva da ampliación de Navia. Antes de facelos públicos, recordou que o Concello trasladou a información do proxecto aos veciños afectados -un total de 5.300 notificacións- para que poidan alegar ante a Xunta de Galicia, a través da propia administración local. 

Xunto ás alegacións veciñais que remitirá á Xunta de Galicia, o Concello de Vigo establece «requisitos imprescindibles» para a súa aprobación, como son que «nin un só metro cadrado de zona verde» actual sexa convertido en asfalto ou aparcamento; en segundo lugar, que os novos accesos de Navia coa Avenida de Europa se realicen en condicións de accesibilidade e seguridade, incorporando unha nova glorieta de regulación de tráfico; a construción dun instituto público en Navia, para o que o Concello de Vigo cedería os terreos á Xunta; e por último, o compromiso da Xunta e do Ministerio de Fomento do cumprimento da normativa acústica coa incorporación de pantallas vexetais na VG20 e o soterramento da nomeada vía ao seu paso por Navia. 

O alcalde non considera admisible o «illamento» no que se atopa Navia pola VG20 e asegura que é «o momento» de solventalo, co soterramento da VG20 e facendo unha glorieta no novo acceso previsto de Navia á Avenida de Europa. Ademais, Caballero reclama unha saída directa de Teixugueiras a este vial. 

De cara á ampliación de Navia, o alcalde tamén propón que os novos edificios sexan de menor altura para que non se convertan en «pantallas» e avogou por conservar a masa arbórea presente ao final de Navia. O goberno de Vigo, segundo expuxo Caballero, ten unha «gran prioridade» en Navia e está a facer deste un lugar «de referencia» con equipamentos e dotacións de zonas verdes, deportivas, educativas, sociais e culturais.

Abel Caballero y el Plan Parcial

Abel Caballero y el Plan Parcial

Related Images:

Cultura y Educación, Infraestructuras, Merece solución, Noticias, Parques y Jardines, Servicios Públicos, Tráfico, Vivienda , , , , , , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.