Vigo valida o proxecto para adicar 1,1 millóns a un gran parque infantil e deportivo en Navia

O novo espazo contará cunha área infantil inclusiva con espazos diferenciados para menores e maiores de seis anos, unha zona multideporte para a práctica do fútbol sala, balonmán e baloncesto, e un recinto de descanso con mesas de xogos. O Concello tamén licita os novos parques infantís de Pedro Alvarado e Praza de Independencia, segundo informou o alcalde, con cargo ao superávit do pasado ano.

Con cargo aos 18 millóns do superávit do Concello no ano 2016, o goberno de Vigo vén de aprobar o proxecto de creación dun gran parque infantil, deportivo e de descanso en Navia, para o que reserva 1,1 millóns de euros, tal e como informou este venres o alcalde.

Cun prazo de duración das obras de seis meses, o goberno que preside Abel Caballero proxecta habilitar en Navia un área de xogo infantil que contará con dous parques, un para menores e outro para maiores de seis anos. O deseñado para os menores de seis terá máis de medio centenar de xogos e incluirá, como elemento singular, un carrusel xiratorio e o circuito «Montaña máxica», ambos accesibles para cadeiras de rodas. O de maiores de seis anos tamén será inclusivo e terá unha megapirámide dobre de cordas de 13 metros de altura e capacidade para 125 nenos, un gran xogo temático de circuito ou vías de tren tipo escalextric sobre montaña interior de xogos, un xogo múltiple en forma de tren locomotora, unha máquina xiratoria, un gran carrusel inclusivo e unha tirolina dobre.

Caballero explicou que o espazo deportivo incluido no proxecto será unha pista multideporte reglamentaria para a práctica do fútbol sala, baloncesto e balonmán. A área de descanso, engadiu o rexedor vigués, estará emprazada entre a deportiva e a infantil e terá bancos e mesas a modo de merendeiro, mesas de xogo de xadrez ou parchís, cargadores de móbiles, etcétera.

Por las infografías proporcionadas por el Concello parece que la instalación se realizaría en el parque entre los edificios de Teixugueiras 26 y 28.

Related Images:

Infraestructuras, Noticias, Parques y Jardines , , , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.