Xogos Deportivos Vicus Spacorum Máis que…

Xogos Deportivos Vicus Spacorum Máis que Auga

Os xogos terán lugar os días 10 e 11 de setembro no emprazamento denominado Circus Máis que Auga dentro do parque de Navia.
O recinto conta con máis de 5.000 metros cadrados de superficie e albergará diferentes probas lúdico-deportivas, ambientadas en clave de época: transporte de compañeiros, tracción de alpacas, circuíto de axilidade, equilibrio, transporte de sacos, reptar, proba de cálculo e unha proba sorpresa para os adultos.
Os adultos participan o sábado 10 de setembro de 10.00 horas a 14.00 horas organizados en equipos mixtos (entre 4 e 6 persoas). Os nenos concursan o domingo 11 de setembro, tamén de 10.00h a 14.00 horas. As probas para os cativos realizaranse de forma individual e diferenciadas por categorías de idade (de 8 a 10 anos, de 11 a 12 anos e de 13 a 14 anos) e son semellantes ás dos adultos con pequenas adaptacións.
Nos seguintes enlaces tendes botóns de acceso para inscricións e documentación informativa sobre o evento e as probas. E tamén un botón para conseguir o cupón desconto para o disfrace que vos axudará a vestirvos de época.
http://maisqueauga.com/xogos-deportivos-vicus-spacorum-con-mais-que-auga/
AS

Related Images:

facebook

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.