O Concello asina a licenza para a am…

O Concello asina a licenza para a ampliación do CEIP Castelao de Navia

O alcalde informou de que a Consellería de Educación recibirá hoxe a comunicación favorable á súa solicitude que foi resolta, segundo declarou, «coa maior celeridade» xa que a petición foi recibida o 29 de xullo e aprobada o 3 de agosto. Con todo, Caballero urxe á Xunta a que inicie as obras de forma inmediata e que as acometa de corrido e non por fases.

A Concellería de Urbanismo vén de asinar a licenza para o proxecto de ampliación do CEIP Castelao de Navia, tal e como informou o alcalde esta mañá en rolda de prensa sinalando que se «resolveu coa maior celeridade» xa que a solicitude foi recibida o 29 de xullo e foi autorizada o 3 de agosto, de maneira que hoxe mesmo a Consellería de Educación terá a comunicación.

Con todo, Abel Caballero urxiu á Xunta de Galicia a «iniciar inmediatamente a obra e acabala dun tirón», alterando o seu plan inicial no que propoñía acometer a ampliación en varias fases. O rexedor engadiu que «non é de recibo que queiran facer unha obra de envergadura menor en tres anos» cando pode facerse, dixo, en catro ou cinco meses, sendo compatible coas clases. Así mesmo, puxo de manifesto a necesidade da obra que está ocasionado custos e incomodidades ás familias que deben levar ao alumnado a colexios máis afastados.
http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=22503
[Opinión: ¡Qué rápido va todo y qué beneficiados salimos los vecinos cuando las administraciones colaboran no poniendo zancadillas a lo que hacen los otros¡]
AS

Related Images:

facebook

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.