A Xunta investirá 1,8 millóns na amp…

A Xunta investirá 1,8 millóns na ampliación do CEIP Rguez Castelao
A primeira fase desta obra consistirá na construción dun módulo independente para educación infantil, con nove aulas con aseos incorporados, unha aula de psicomotricidade, tres aulas de desdobre e porches
A actuación busca dar reposta ás necesidades crecentes de prazas de escolarización no barrio vigués de Navia, tendo en conta que nos últimos cinco anos o alumnado incrementouse en máis dun 25%
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/2302/cultura-educacion-investira-1-8-millons-ampliacion-ceip-rodriguez-castelao-vigo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará máis de 1,8 millóns de euros á ampliación do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo co obxectivo de dar resposta ás necesidades crecentes de prazas de escolarización no barrio de Navia, tendo en conta que nos últimos cinco anos o alumnado do centro incrementouse en máis dun 25% e as previsións de futuro continúan na mesma liña ascendente. En concreto, o CEIP actual conta cunha liña de infantil e primaria, pero ante a demanda escolar da zona, é necesario ampliar a liña 3.

Onte publicóuse a licitación da primeira fase da obra, que pode consultarse no web http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160713/AnuncioG0164-070716-0001_gl.html.

Nesta primeira fase construirase un módulo independente para educación infantil, con nove aulas con aseos incorporados, aula de psicomotricidade, tres aulas de desdobre e porches. En total, a superficie construída ascenderá a 1.346,61 metros cadrados. Estímase un prazo de execución de nove meses.

Segunda fase
En todo caso, para acometer a ampliación completa é preciso reformar tamén o edificio existente, o que se realizará nunha segunda fase ao longo do vindeiro ano. Deste xeito, aumentarase un andar máis á estrutura para poder construír novas aulas.
AS

Related Images:

facebook

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.