A Xunta iniciará este ano as obras de…

A Xunta iniciará este ano as obras de ampliación do CEIP
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/0171/xunta-iniciara-este-ano-obras-ampliacion-ceip-alfonso-rodriguez-castelao-navia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou o venres o proxecto de ampliación do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, en Navia (Vigo), que suporá un investimento de máis de 3,6 millóns de euros e a creación de 450 prazas escolares. Segundo explicou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia está previsto iniciar neste mesmo ano as obras. De feito, a Consellería xa licitou a primeira fase da reforma e está a redactar o proxecto da segunda delas. Na súa visita, o conselleiro estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; e do secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén.
A ampliación deste CEIP permitirá ampliar a súa capacidade de unha liña por curso escolar a 3, co fin de dar resposta ao incremento do alumnado do centro en máis dun 25% nestes 5 últimos anos e a previsión de crecemento futuro. Polo tanto, crearanse 450 novas prazas escolares.
A obra desenvolverase en dúas fases. Na primeira delas, xa licitada, construirase un novo módulo independente de educación infantil, con 9 aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdobre, espazos comúns e instalacións.
Pola súa banda, a segunda fase suporá a demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 1.434,90 m² para 11 aulas – 9 deles polivalentes, 1 de música e outra de informática- de educación primaria e 7 de apoio.
AS

Related Images:

facebook

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.