Solicitude de praza nas escolas infantís municipais (0-3 anos) Curso 2016-2017

A Xunta de Goberno Local aprobou as Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais de 0 a 3 anos para o curso 2016/2017.

Prazos:

Periodo de solicitude: do 7 de marzo ao 31 de marzo de 2016
Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas infantís ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Pranta 11). Na páxina web www.escolasvigo.org/reim disporán da información necesaria e así mesmo poderase descargar o correspondente impreso de solicitude. Desde a mesma páxina poderán facer a solicitude “on line”.

Listas provisionais: 30 de maio de 2016
A relación provisional de admisións e lista de espera publicaranse no taboleiro de anuncios de cada escola, no Servizo Municipal de Educación e na web citada, abríndose un prazo de reclamacións de 10 días.

Listas definitivas: 23 de xuño de 2016
Coa resolución das reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos lugares indicados.
Formalización de matrícula: do 27 de xuño ao 8 de xullo de 2016
Presentación do impreso de aceptación de praza e pago da matrícula correspondente, no seu caso.

Servizo municipal de Educación:
Praza do Rei s/n (Planta 11ª)
Teléfono: 986 81 01 81 / Correo electrónico: ofi.educacion@vigo.org

Escolas infantís municipais:
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “NAVIA”
Enderezo: Rúa Pedra Seixa, 37 (Navia)
Teléfono: 986 68 78 22 / Correo electrónico: ei.navia@vigo.org

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA CRISTINA”
Enderezo: Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986 28 07 32 / Correo electrónico: ei.santacristina@vigo.org

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “ATALAIA”
Enderezo: Avda. Doña Fermina, 9 (subida á Guía)
Teléfono: 986 37 65 03 / Correo electrónico: ei.atalaia@vigo.org

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA MARTA”
Enderezo: Rúa Santa Marta, 38 interior (esquina rúa Torrecedeira)
Teléfono: 986 44 21 53 / Correo electrónico: ei.santamarta@vigo.org

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “COSTEIRA”
Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono: 986 49 86 77 / Correo electrónico: ei.costeira@vigo.org

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “TOMÁS ALONSO”
Enderezo: Rúa Tomás A. Alonso, 78
Teléfono: 986 29 12 06 / Correo electrónico: ei.tomasalonso@vigo.org

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “BOUZAS”
Enderezo: Rúa Casiano Martínez, 18 (Bouzas)
Teléfono: 986 24 65 50 / Correo electrónico: ei.bouzas@vigo.org

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “MESTRES GOLDAR”
Enderezo: Rúa Mestres Goldar, 22 (Castrelos)
Teléfono: 986 23 96 44 / Correo electrónico: ei.castrelos@vigo.org

Fonte: Xornal do Concello de Vigo

Cultura y Educación, Noticias, Servicios Públicos , ,