O goberno de Vigo inviste un millón de euros no Plan Verde (Navia, Florida, senda auga e Lagares)

O alcalde de Vigo informou da aprobación en Xunta de Goberno Local de catro propostas medioambientais incluídas no Plan Verde municipal: a mellora ambiental na Florida, a reforma da senda da auga, o parque de enerxías renovables en Navia e a adecuación do paseo fluvial do Lagares. Abel Caballero avanzou que as obras darán comezo entre ésta e a próxima semana, sumando un investimento de 960.000 euros.

Abel Caballero informou que o goberno local adicará 178.600 euros na mellora ambiental da Avenida da Florida, con actuacións sobre o saneamiento e o abastecemento, incluíndo o mallado da rede en distintos puntos e a colocación de válvulas de corte. O Concello reducirá a contaminación acústica e minimizará o caudal fugado e as afeccións aos usuarios. O alcalde afirmou que se farán zonas axardinadas nos encontros da Florida con Padre Seixas, Tui e García Lorca, e en zonas intermedias

O goberno de Vigo arrancará con 104.000 euros a mellora da senda da auga, poñendo en valor o itinerario polo que discorre o abastecemento de auga de Eiras, moi empregado tanto por camiñantes como por ciclistas. A actuación municipal abrangue os tres primeiros quilómetros e contempla zonas de descanso cada 500 metros unha marquesina de madeira e o reforzo das sinalizacións, entre outras accións.

En terceiro lugar, o Concello creará un parque de enerxías renovables en Navia, cun investimento inicial de 150.400 euros. A primeira fase deste novo recinto de carácter lúdico e formativo tratará sobre a enerxía hidráulica, con terrazas na zona alta do parque e instalación de muíños de auga e elementos maremotrices que xerarán enerxía.

Por último, Abel Caballero avanzou que a mellora no paseo fluvial do Lagares conleva un investimento de 527.000 euros nunha actuación que se extende ao longo dos 8,3 quilómetros que unen a Avenida de Madrid e a desembocadura, en Samil. Os obxectivos son a mellora do firme, a estabilización dos taludes, a incorporación de paneis informativos con códigos QR, fontes, bancos e papeleiras, a dotación de barandas en determinados puntos sensibles ás caídas, a mellora da delimitacións, dos accesos e das escaleiras, e a incorporación de alumeado polo paseo con balizas de baixo consumo que funcionan con control de presencia (acéndense unicamente ao paso dos usuarios).

Segundo explicou ante os medios o alcalde de Vigo, esta mesma semana dan comezo os traballos de mellora medioambiental da Avenida da Florida e do parque de enerxías renovables de Navia, e a vindeira semana arrancan os traballos da senda da auga e no paseo fluvial do Lagares.

Fonte: Xornal de Noticias do Concello de Vigo

Infraestructuras, Noticias, Parques y Jardines, Servicios Públicos , , , , ,