Vigo, Cidade de Cor, chega a Navia

O Concello promove a decoración de 13 medianeiras da cidade entre o 19 e o 27 de marzo
O domingo 15 de marzo, en horario de mañá, en Navia, obradoiro de arte urbán para nenos.

Trece artistas da cidade comezarán o próximo día 19 de marzo a pintar sobre outros tantos espazos públicos da cidade. Dando inicio así, explicou o rexedor, ao Primeiro programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos deteriorados e outras actuacións sobre os espazos públicos. “Vigo, unha cidade de cor”, contará con actividades paralelas en centros escolares e na rúa con espectáculos de danza, mapping ou obradoiros para nenos.

O alcalde presentou o Primeiro programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos deteriorados e outras actuacións sobre os espazos públicos. Trátase, dixo, dunha iniciativa “estratéxicamente importante para o xeito de entender a cidade, unha nova forma de entender a cultura”. Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, e os artistas e propietarios dalgún dos edificios, Caballero explicou que nunha primeira tanda vanse decorar 13 espazos e que os traballos comezarán o día 19 e rematarán antes do 27 de marzo.

O obxecto do “Vigo, unha cidade de cor” é tratar con pintura ou murais decorativos, as medianeiras das edificacións, así como aqueles paramentos exteriores cegos visibles dende a vía pública, tanto de titularidade pública ou privada. Ademais, coa colaboración dos colexios e institutos da cidade, vanse decorar os paramentos exteriores destes a través da composición que realicen con todos os debuxos do alumnado, baixo o lema” cómo vexo o meu barrio”. Previamente á fase de execución dos murais, desenvolveranse en toda a cidade unha serie de actividades artístico-culturais: obradoiros de arte urbano para nenos, proxeccións en espacios públicos da cidade de imaxes sobre tratamentos de medianeiras (mapping), actividades de danza urbana e outras de natureza similar

A primeira fase do proxecto supuxo a selección de ubicacións, artistas e centros educativos. Nesta primeira tanda elexíronse trece espazos aos que se irán sumando moitos máis, avanzou o rexedor. Os criterios para a elección foron a súa ubicación, visibilidade, interese espacial e urbano, entorno, posibilidades técnicas e disponibilidade de autorización da propiedade.

En canto aos centros educativos, poderán participar todos os que amosaron interese e nesta primeira fase serán o CEIP Pintor Laxeiro; CEIP Altamar; CEIP Illas Cíes e IES Beade. Esta actividade consiste en trasladar os debuxos realizados polos alumnos a un espazo do seu centro escolar. Estas actividades estarán coordinadas por Lorena Arévalo (do Grupo Til diacrítica)

Actividades complementarias

Durante o FESTIVAL DE ARTE realizaranse unha serie de actividades artístico-culturais por toda a cidade: talleres de pintura na rúa, proxeccións de imaxes sobre tratamentos de medianeiras, actividades de danza urbana e outras de natureza similar.

A danza urbá está moi relacionada coa arte nos espazos públicos, coa mocidade e a creatividade. Trátase da danza Hip Hop, tamén chamada “Street Dance”, na que cuida tanto a expresión corporal como o traballo grupal.

Estas actuacións terán lugar en diferentes barrios da cidade:

O venres 13 de marzo, no Calvario, está prevista a actuación dun grupo de breakdance.
O sábado 14 de marzo, na Porta do Sol, o grupo Cencerro Nejro (música acústica)
O domingo 15 de marzo, Vikul actuará en Bouzas.
O luns 16 de marzo, en Coia, actuará o grupo Sete Cuncas (música acústica)

O sábado 14 de marzo terá lugar na Praza da Constitución unha proxección dun vídeo mapping sobre o edificio do antiguo concello. Trátase dunha técnica que consiste na proxección de vídeo en obxectos ou superficies irregulares, que coa utilización dun software especializado proxecta imaxes de varias dimensións, sobre edificios, poidendo crear tamén ilusións ópticas ou nocións de movemento en obxectos estáticos.

Tamén haberá obradoiros de arte urbano para nenos co obxectivo de concienciar á cidadanía de que a aproximación dos rapaces ao seu entorno xenera unha sociedade máis comprometida e sensible, mellorando así os vínculos dos rapaces coa súa cidade a través da arte. Nun primeiro momento, infórmase aos rapaces sobre o arte urbano, para posteriormente actuar conxuntamente sobre unha peza conxunta, creando unha obra de arte efímero no espazo público. Estas actividades serán desenvolvidas por Estudio y desarrollo de actividades culturales (EDAC).

A programación é a seguinte:

o venres 13 de marzo, en horario de mañá, no Calvario
o sábado 14 de marzo, en horario de tarde, na Porta do Sol
o domingo 15 de marzo, en horario de mañá, en Navia
o luns 16 de marzo, en horario de mañá, en Coia
o martes 17 de marzo, en horario de mañá, en Teis

Está previsto que realice un vídeo do festival Whala´h, un equipo técnico integrado por dous operadores de cámara e un técnico de son, que serán os encargados de grabar durante as datas do Festival as distintas actividades así como o proceso de transformación das medianeiras e demais espazos. Tamén se encargarán de xestionar unha páxina de Facebook na que poderán participar as cidadás e cidadáns vigueses.

Na rolda de prensa estiveron presentes tamén os concelleiros de Limpeza e Fomento, Angel Rívas e David Regades, así como unha ampla representación dos participantes no proxecto: Mingos Teixeira e Juan Teixeira (artistas); Juan Carlos Pena (mapping); Sam y Lucía (vídeo); Gonzalo Alonso y Alejandro (artistas); Marcos e María, do grupo de baile Sete Cuncas; Chisco e Simón, artistas breakdance; Marcos de la Fuente (artista); Alejandro Martínez (artista); Lorena, (Til diacrítico; Elisa González (artista); David Arambarri, Ewa (artista); Nelson Villalobos; Antonio Barbará (artista) e Jose A. Docampo e Marcial Pereira (propietario dun dos edificios); Anthony, artista.

Na documentación coa listaxe de lugares se inclúe que no parque de Navia o artista David Arambarri do Colectivo Ewa deixará plasmada a súa obra, aínda que na prensa o lugar que se cita para este grafiti é o paso baixo a VG-20 na rotonda de Ufas con Ricardo Mella, ao final de Teixugueiras.

Fonte: Xornal do Concello de Vigo

Foto: Presentación no Concello

Presentación Vigo en Cor

Presentación Vigo en Cor

Eventos, Limpieza, Noticias, Parques y Jardines , , , , ,