Aberto prazo para solicitar praza nas escolas infantís do Concello de Vigo

Por primeira vez a Escola Infatil de Navia forma parte da rede de escolas infantís do Concello de Vigo

SOLICITUDE DE PRAZA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS (0-3 ANOS) CURSO 2015-2016

A Xunta de Goberno Local, en sesion de 27 de febreiro, aprobou as “Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2015/2016”.

Prazos:

Periodo de solicitude: do 9 de marzo ao 1 de abril de 2015
Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas infantís ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Pranta 11). Na páxina web www.escolasvigo.org/reim disporán da información necesaria e así mesmo poderase descargar o correspondente impreso de solicitude. Desde a mesma páxina poderán facer a solicitude “on line”.

Listas provisionais: 29 de maio de 2015
A relación provisional de admisións e lista de espera publicaranse no taboleiro de anuncios de cada escola, no Servizo Municipal de Educación e na web citada, abríndose un prazo de reclamacións de 10 días.

Listas definitivas: 25 de xuño de 2015
Coa resolución das reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos lugares indicados.

Formalización de matrícula: do 1 ao 15 de xullo de 2015
Presentación do impreso de aceptación de praza e pago da matrícula correspondente, no seu caso.

Escolas infantís municipais:

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA CRISTINA”
Enderezo: Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986 28 07 32

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “ATALAIA”
Enderezo: Avda. Doña Fermina, 9 (subida á Guía)
Teléfono: 986 37 65 03

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA MARTA”
Enderezo: Rúa Santa Marta, 38 interior (esquina rúa Torrecedeira)
Teléfono: 986 44 21 53

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “COSTEIRA”
Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono: 986 49 86 77

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “TOMÁS ALONSO”
Enderezo: Rúa Tomás A. Alonso, 78
Teléfono: 986 29 12 06

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “BOUZAS”
Enderezo: Rúa Casiano Martínez, 18 (Bouzas)
Teléfono: 986 24 65 50

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “MESTRES GOLDAR”
Enderezo: Rúa Mestres Goldar, 22 (Castrelos)

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “NAVIA”
Enderezo: Rúa Pedra Seixa, 37 (Navia)

Fonte: Xornal Concello de Vigo

Cultura y Educación, Infraestructuras, Noticias, Servicios Públicos , ,