Caballero estima que en un ano comezará a primeira fase da “milla verde” de Coia a Samil

O goberno local aprobou este venres o plan especial e “comezamos xa de forma inmediata o proceso de expropiación” das 108 parcelas afectadas, nalgúns casos acordando cos propietarios, para poder iniciar a primeira fase o próximo verán. A senda verde terá case dous quilómetros e 30 metros de ancho, zonas verdes, carril bici, parques infantís e biosaudables.

Caballero felicitouse pola aprobación “dun dos grandes plans de desenvolvemento da cidade”, un paseo de case dous quilómetros de lonxitude de Coia a Samil, con 30 metros de ancho, beirarrúas, zonas de estancia, espazos verdes, carril bici e parques infantís e biosaudables.

O alcalde explicou que o proxecto afecta a 108 parcelas e o goberno que preside arranca xa co proceso expropiatorio para facerse cos terreos, sen excluir a negociación cos propietarios. Caballero agarda comezar o próximo verán coa primeira fase da chamada “milla verde”.

Fonte: Xornal Concello Vigo

A ver si es verdad… ya desde 2009 se vienen publicando noticias al respecto…
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2009/05/24/milla-verde-unira-coia-samil-2012/330509.html

Infraestructuras, Noticias, Parques y Jardines, Servicios Públicos , , , ,