As obras do complexo deportivo de Navia contan cun promedio de 60 traballadores e avanzan a “gran velocidade”

O alcalde achegouse onte mércores pola mañá ás obras de construcción das novas instalacións deportivas de Navia que avanzan a bo ritmo e nas que traballan 60 profesionais. Cun custo de preto de 9 millóns de euros, nestes momentos estase concluíndo a cimentación e comenzando co traballo de estrutura. Está previsto que as obras rematen en xuño de 2015.

Cun orzamento de preto de 9 millóns de euros, as obras do futuro complexo deportivo de Navia avanzan a “gran velocidade”, segundo asegurou o rexedor durante unha visita que realizou esta mañá, acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva e os concelleiros de Fomento e Deportes, David Regades e Manel Fernández, respectivamente. Trátase, dixo, dun “proxecto exepcional” que da traballo nestes momentos a 50 persoas e no que máis adiante traballarán unhas 70 polo que “falamos dun promedio de 60 traballadores, e isto son políticas keinesianas de emprego”.

Explicou que nestes momentos estáse a rematar a cimentación e xa se está a comezar cos traballos de estrutura. Deste xeito, precisou, no primeiro semestre de 2015, Vigo contará cunha nova dotación deportiva que incluirá 8 pistas de pádel, unha pista polideportiva, un campo de fútbol 7, 4 salas de actividades, unha sala “fitness”, unha piscina de 25×12.5 metros, outra de aprendizaxe e unha de tratamento con chorros. Ademais, inclúe un acceso peatonal ao centro deportivo polo lado norte, cunha grande plaza que unificará os accesos ao pavillón polideportivo e ó campo de fútbol. Contará con 2 aparcamentos, con 266 prazas, e zonas verdes.

Visita obras complejo deportivo

Visita obras complejo deportivo

Fonte: Xornal do Concello de Vigo

Deportes, Infraestructuras, Noticias, Servicios Públicos , , ,