Obradoiro gratuito de ADICAE sobre c…

Obradoiro gratuito de ADICAE sobre comunidades de veciños
http://www.vigolowcost.com/2014/05/19/obradoiro-gratuito-de-adicae-sobre-comunidades-de-vecinos/
O refrán di que o rozamento fai o cariño pero nas comunidades de propietarios non sempre é tan doado e problemas derivados do ruído, derramas imprevistas, colocación de ascensores, non pagamentos dos veciños, etc., son do máis común. Por iso a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE) organiza o obradoiro “Aclárese cos seus dereitos e deberes como propietario” co obxectivo de resolver todas as dúbidas que teñamos sobre os nosos dereitos e deberes como propietarios dunha vivenda, así como o funcionamento das comunidades de veciños.

O obradoiro terá lugar o próximo xoves 29 de maio ás 19:00 na propia sede da asociación. A asistencia é gratuita para todos os interesados que se inscribiran previamente.
Gracias a Renata Araujo de Morais por la info.
AS

facebook