O alcalde avanza a inmediata aprobación dos proxectos sufragados co superavit do 2012

8/5/14: O goberno local dará luz verde esta mesma semana aos proxectos que se van sufragar con cargo aos 5,9 millóns do superávit 2012. A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran a grande parte deste investimento.

O goberno local aprobará nesta semana os proxectos definitivos que se van a acometer cos 5,9 millóns procedentes do superávit do 2012. Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor lembrou o listado de actuacións previsto, comezando por 1,3 millón de euros para substituir a cuberta da grada de Río e actuacións de consolidación estructural en Balaídos. Seguindo co mundo do deporte, haberá 420.000 euros para renovar o césped dos campos de fútbol de Travesas e Samil, e un novo campo fútbol na Etea. Ademáis, reformaránse con 220.000 euros as pistas polideportivas de Matamá, Torreiro, Coia, Valladares e Coutadas.

Por outra banda, o Concello destiñará 1,4 millóns de euros ás parroquias de Lavadores, Calvario, Coruxo, Candeán, Beade, Bembribe, Alcabre, Cabral, Comesaña, Matamá, Oia, Navia, Saiáns, San Roque, Zamáns, Valladares e Castrelos; ademais de 350.000 euros a barrios históricos. Tamén se realizarán obras de humanización en Doctor Canoa, na rúa Toledo; Baixada a Ríos e Doctor Corbal; rúa Coutadas; en Alonso Ojeda; en Parque Martínez Garrido e unha parte final de Méndez Pelayo -150.000 euros.

No tocante a infraestruturas educativas, o Consistorio investirá 220.000 euros na mellora da accesibilidade dos centros Islas Cíes, Doblada, Párroco Don Camilo, Lope de Vega, Frián, Sobreira, Valladares, Beade-Coutada, Eduardo Pondal, entre outros.

Finalmente, Caballero informou de que destiñarán 265.000 euros á creación dunha ducia parque infantís, 390.000 a un “gran” parque infantil en Castrelos, e 150.000 euros a parques biosaludables, que se ubicarán en Alcabre, Cabral, Navia, Balaídos, Teis, Castrelos, Travesía, Torrecedeira, Coya, Lavadores e Camelias. Tamén se reformarán os parques infantís de Navia, San Andrés, Pizarro, Pabellón Berbés, Pedro Alvarado, Alcabre, Matamá, Seara, Plaza Independencia, Bouzas, Venezuela.

Fonte: Xornal Concello de Vigo

Deportes, Infraestructuras, Noticias, Parques y Jardines , , ,