Solicitud para demandar medidas y mediación por ruidos VG-20

Publica el usuario eolo en los foros del PAU de Navia una solicitud dirigida al Concello de Vigo y pide a los vecinos que nos hagamos eco de ella y la presentemos cada uno de los afectados a título personal. La idea es que el Concello tome las medidas que queden a su alcance y a su vez haga llegar a la Dirección General de Carreteras del Estado, dependiente del Ministerio de Fomento, las que les correspondan dentro de su competencia. El texto es el que sigue (copiar, completar los datos que faltan y enviar a través del enlace siguiente
https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/queixas_suxestions.jsp?lang=gal
para presentar solicitudes/quejas en la web del Concello o hacerlo telefónicamente a través del teléfono de atención municipal 010:

Concello de Vigo
Alcaldía
Nome:
NIF:
Dirección:
36212 Vigo

En Vigo, a de de 2014

Estimado Sr. Alcalde:
Quixera dirixirme a Vd. en busca dunha solución a un grave problema de ruido que, tanto eu como unha gran parte dos meus conveciños que residimos na R/ As Teixugueiras, vimos soportando de xeito continuo e que nos mantén moi preocupados.
Dentro das deficiencias que nos podemos atopar nesta zona residencial, destacan a falla de comunicacións idóneas e, no caso que me ocupa neste intre, os excesivos niveles de contaminación acústica que soportamos. Refírome especialmente os veciños que residimos na rúa Teixugueiras, no fronte cara a vía VG-20, dende a rotonda con Ricardo Mella ata a rotonda da Avda. Europa.
Esta vía, paralela a moitos bloques de edificios da urbanización (a lo menos unha ducia), é un foco de ruído moi alto debido, entre outros, a alta intensidade de tráfico, especialmente con camións portacoches de Citroen e tráfico pesado con orixe/destino o Porto de Vigo, e o mal estado do asfaltado da mesma e inexistencia de medidas antiruido. Esta circunstancia é o motivo polo que algúns veciños estean cambiando as ventás ou poñendo dobre acristalamento nas súas vivendas, con un considerable custe individual; pola contra, nos tempos en que vivimos, moita xente non pode acometer ese gasto tan considerable, polo que sería xustificable actuar sobre o foco de emisión de ruído e non sobre o receptor do mesmo.
Entendo que as causas que provocan esta elevada contaminación acústica, son esencialmente as seguintes:
• Confluencia na rotonda de Ricardo Mella da maior parte do tráfico con dirección Porto/Beiramar ó Pau e viceversa.
• Capa de rodadura da VG-20 en moi mal estado, con moito bacheado, áspera e ruidosa o paso de vehículos.
• Entrada do falso túnel (rotonda da Avd. Europa) con paredes laterais sen ningún tipo de protección antiruído que provoca que, ó paso dos coches, se cree un efecto eco ou reverberación que multiplica o ruído.
Todo isto lévame a propoñerlle que, por parte dese Concello e dentro das súas competencias, se elabore un mapa de ruído da zona e en función dos seus resultados se tomen medidas, tanto propias como de instar as administracións competentes, que dea como resultado unha diminución do ruído e, por conseguinte, un aumento da calidade de vida dos residentes nesta zona.
A xeito meramente enunciativo, atrévome a indicar as posibles solucións a este grave problema:
1. Por parte do Concello, se proceda a plantación de árbores frondosas e de folla perenne na zona verde próxima a vía de comunicación e en paralelo a esta, dende rotonda Ricardo Mella ata Rotonda Avd. Europa. A creación desta pantalla verde tería resultados a medio-largo prazo, pero sería unha medida barata, estética e efectiva, sen necesidades de facer grandes proxectos e con aplicación inmediata.
2. O segundo grupo de medidas, corresponde a súa aplicación a outras administracións, polo que, se vostede o estima oportuno, prégolle que inste as mesmas a que tomen medidas adecuadas entre as que poderían estar:

o Reparación e substitución do firme da VG-20, con especial atención a aplicación dunha capa de rodadura antiruido.
o Colocación de material absorbente de ruído nas paredes laterais da entrada o falso túnel por baixo da Avd. Europa.
o Construción da tan demandada vía de entrada/saída o Pau pola Avd. Europa. Isto retiraría un considerable número de vehículos no tramo do que estamos a comentar e melloraría, indubidablemente, a seguridade e a axilidade nas comunicacións.
o Calquera outra medida que se toma para atallar este gran problema para a veciñanza benvido sexa.
Quedo a súa disposición, para o que estime oportuno. Reciba un cordial saúdo,

Fdo:

Infraestructuras, Merece solución, Servicios Públicos, Vecindad , , , , ,