O goberno local ultima a creación de 46 aparcamentos fronte ao campo de fútbol de Navia

Abel Caballero avanzou este mércores que a obra comezará “de forma inmediata”, posiblemente ao remate das festas de Nadal. O Concello adicará 240.000 euros para acondicionar, en tres meses, un espazo fronte ao pavillón e o campo de fútbol para estacionamentos.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o plan de seguridade e saúde, aceptación do plan de recursos e nomeamento da dirección facultativa da obra de adecuación da parcela para o aparcamento no polideportivo de Navia.

Cun orzamento de 240.000 euros, indicou Caballero, e prazo estimado dos traballos de tres meses, o goberno de Vigo acondicionará un espazo fronte ao pavillón e o campo de fútbol para habilitar unhas 46 prazas de estacionamento. A distribución das mesmas será en batería a través dun vial ao que se accederá desde a rúa Lamelas.

O rexedor recordou que a construción do pavillón polideportivo de Navia contempla crear outras 200 prazas e o novo acceso a Teixugueiras desde a rotonda de Ricardo Mella prevé sumar outros 85 estacionamentos. En total, o número de novos aparcamentos que o Concello proxecta para o barrio ascende a 331.

Fonte: Xornal Concello de Vigo

Infraestructuras, Servicios Públicos, Tráfico , ,