Navia contará con 331 novas prazas de aparcamento nos aledaños da rúa Teixugueiras

A Xunta de Goberno local adxudicou provisionalmente as obras para construir o aparcamento no Polideportivo de Navia. A estas 46 prazas, sumaránse 200 que chegarán co novo polideportivo e outras 85 coa nova redonda de Ricardo Mella.

Abel Caballero deu conta da clasificación de ofertas da adxudicación das obras para a adecuación da parcela para o aparcamento no Polideportivo de Navia. Tal e como dixo, serán 46 prazas que estarán rematadas en 3 meses, cun orzamento de 240.000 euros. O alcalde lembrou que o entorno de Teixugueiras contará con outras 200 prazas que chegarán da man do polideportivo previsto que xa está en fase de concurso, e outras 85 procedentes do novo acceso desde a rotonda de Ricardo Mella ata a rúa Teixugueiras.

Fonte: Xornal Concello de Vigo

Related Images:

Infraestructuras, Noticias, Tráfico ,

9 comentarios


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.