O goberno local adapta para discapacitados a horta de Navia, de 4.000 metros cadrados

O alcalde visitou hoxe xoves esta instalación, onde traballan a terra 213 persoas das que 27 son discapacitados. Vigo é a única cidade con hortas adaptadas e conta con case 13.000 metros cadrados en seis recintos urbanos municipais para un total de 600 usuarios en activo.

O alcalde, Abel Caballero, xunto a tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron esta mañá a horta municipal de Navia, onde recentemente remataron os traballos de adaptación para o seu uso por persoas con discapacidade.

Navia ten unha horta urbana municipal de 4.000 metros cadrados de superficie para 213 usuarios en activo, dos que 27 empregan as bancadas habilitadas para discapacitados. Caballero salientou que Vigo é a única cidade con hortas urbanas municipais adaptadas. A cuarta fase está actualmente en obras, a cargo do plan de emprego do Concello UTIL, e dará cabida a outras 60 persoas.

A cidade de Vigo, informou o alcalde, suma preto de 13.000 metros cadrados de hortas urbanas municipais. Despois de ter completado o curso previo máis de 600 persoas traballan a terra en Navia, en Fontáns, en Teis e en Camelias; o Concello dispón dunha quinta en Ramón Nieto -para voluntarios medioambientais- e unha sexta horta en preparación, localizada en Sardomela (Sello).

Noticia original: Xornal Concello Vigo

Infraestructuras, Parques y Jardines ,