Caballero anuncia que as obras de acceso desde a VG-20 a Navia estarán rematadas nun mes

Os traballos de mellora dos acceso a Navia desde a VG-20 arrancarán “de xeito inmediato”, segundo avanzou hoxe o alcalde, nunha rolda de prensa na que tamén anunciou a aprobación do proxecto da primeira fase da humanización da rúa Rosalía de Castro.

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de acondicionamento e mellora do acceso ao barrio de Navia desde a VG20, o coñecido como codo de Teixugueiras, para crear un corredor, un aparcamento, zonas verdes, ademais de proceder ao acondicionamento de beirarrúas por debaixo da VG20. Segundo explicou o rexedor, esta obra esteba pendente, faltaba este acceso, que “por certo tería que facer a Xunta porque a construcción deste barrio é deficiente nos accesos peonís. Indicou que os traballos ascenden a preto de 200.000 euros, que comezarán de xeito inmediato, estendéndose durante un mes.

Centrar mapa
Tráfico
En bicicleta
Tráfico
O proxecto ten por obxecto definir as obras de mellora do acceso peonil ao barrio de Navia dende a VG-20 e a execución dun aparcamento no mesmo ámbito, que actualmente esta incrementando o seu volume de coches a medida que avanza a ocupación das súas vivendas.
Os accesos peonís ao barrio dende o anexo de Coia son moi limitados; neste sentido céntranse na glorieta coa Avda. de Europa, glorieta elevada sobre a VG-10, ao norte do ámbito, así como na glorieta por debaixo da VG-10, na conexión desta coa VG-20, ao sur, distando ambos os dous puntos case 700 metros e non existe ningunha outra conexión peonil entre o Barrio de Navia e o resto da cidade consolidada.

Actualmente, a zona obxecto do proxecto é unha explanada de terra utilizada como aparcamento de vehículos. Existe unha conexión peonil cun paso de peóns que cruza a VG-10, pero o acceso actual está moi deteriorado, existindo tramos sen beirarrúa. Proxéctase ante a devandita situación un reforzo das condicións de acceso nos ramais norte da VG-10 sobre os que se desenvolve o paso de peóns, establecendo sinalización horizontal e vertical para limitación de velocidade e pasos de peóns de maior tamaño.

Prantéxase ademais a execución dunha beirarrúa baixo o paso superior da VG-10 que complete o itinerario peonil de acceso ao barrio de Navia. Para mellorar a imaxe do paso peonil baixo o paso superior proponse o panelado do pilar e o estribo con placas de formigón polímero con acabado superficial Gel-Coat colocados sobre perfiles-guía. Ademáis o proxecto inclúe a execución dun novo aparcamento, regulando así o actual aparcamento ilegal tanto na parcela que actualmente está sen urbanizar coma no vial de acceso a ela. Incorpórase ademais unha ampla superficie axardinada que suavice a visión da rotonda da VG-20, resultando un espazo agradable para o peón.

Asímesmo se acomete a mellora da iluminación coa inclusión de novos puntos de luz similares aos existentes. Ademais aprovéitase a intervención para ampliar a rede de pluviais e soterrar o tendido aéreo existente de telefonía.
A vexetación articúlase a partir de alcorques no límite da beirarrúa e de tres zonas verdes cun total de 657 m2 de superficie aproximadamente .

Fuente: Xornal do Concello

Infraestructuras, Noticias, Parques y Jardines, Servicios Públicos, Tráfico , , , ,