O alcalde anuncia que “en dúas semanas” publicarase a lista dos candidatos ao aluguer das 35 vivendas protexidas en Navia

Ya publicamos en Facebook el viernes que los medios estaban dando la noticia de que hoy lunes la Xunta entregaría las 35 viviendas de Navia al Concello. Esta es la noticia oficial en la web del Concello donde ya se detalla el avance del proceso:

“O Concello de Vigo recepcionou este luns as 35 vivendas que lle corresponden por lei por ter cedido o solo para a construción dun edificio en Navia con pisos de protección oficial. Segundo adiantou Abel Caballero, nun prazo de dúas semanas sairá publicada a lista provisional de admitidos e excluídos para o sorteo. Os alugueres oscilarán entre os 115 e os 166 euros mensuais.

O alcalde recordou que estas 35 vivendas correspóndenlle ao Concello de Vigo por ter cedido de balde o solo para a edificación, xa que a lei estipula un retorno do 10% das vivendas erixidas.

Unha vez recibidas hoxe de xeito oficial, o goberno de Vigo inicia o procedemento cara á adxudicación das mesmas en réxime de aluguer, proceso ao que optaron durante o prazo estipulado un total de 1.636 persoas.

En dúas semanas, a web municipal publicará o listado de admitidos e excluídos para o sorteo, tras o que abrirase un prazo de 10 días para corrección de erros, que precederá á publicación do listado definitivo. Unha vez aprobado fixarase unha data para o sorteo ante notario, en cada unha das tres modalidades.

Abel Caballero recordou que o Concello ofertou estes pisos en aluguer divididos en tres tramos: 6 vivendas para persoas con mobilidade reducida, outras 13 para unidades familiares con rendas non superiores ao 1,5 sobre o IPREM, 9 máis para unidades con ingresos entre o 1,5 e o 1,5 sobre o IPREM, e 7 reservadas para atender situacións de emerxencia social.

As vivendas teñen entre 80 e 90 metros cadradas e todas elas contan con praza de garaxe e rocho. O prezo de aluguer das mesmas oscilará entre os 115 euros mensuais da máis barata e os 166 euros da máis cara.

Noticia original en la web del Concello de Vigo

Noticias, Servicios Públicos, Vecindad, Vivienda , , ,