O Concello de Vigo acorda con Vegalsa-Eroski plantar máis arboredo no parque de Navia

A ver si alguien lo entiende y de paso nos lo explica…

A reunión mantida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os directivos de Vegalsa-Eroski saldouse coa decisión de realizar accións de colaboración de carácter medioambiental entre as partes, das que a primeira será incrementar o número de árbores no parque de Navia, a acometer pola empresa. O rexedor vigués subliñou o carácter “vangardista” da entidade “na aplicación de políticas medioambientais”.

O alcalde de Vigo recordou que Vegalsa-Eroski emprega en Vigo a medio millar de traballadores e trátase dunha empresa “pionera” na realización de accións en defensa do entorno natural. Segundo indicou, xunto ao novo arboredo no parque de Navia, o acordo establecido entre as partes prevé continuar realizando outras medidas de carácter medioambiental na cidade.

Ver la noticia original en el Xornal del Concello de Vigo

Noticias, Parques y Jardines ,