Caballero lembra que Navia é a ubicación “óptima” para a posta en marcha da Escola de Danza de Galicia

Caballero lembra que Navia é a ubicación “óptima” para a posta en marcha da Escola de Danza de Galicia

O alcalde de Vigo reiterou na mañá deste martes a súa petición para que se instale en Navia a Escola de Danza que a Xunta ten previsto crear en Galicia. Deste xeito, indicou logo de manter unha xuntanza co director da Escola de Arte Dramático, Enrique Vieites, esta zona de Vigo podería converterse “no embrión dun campus dos movemento cultural na Comunidade”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou esta mañá a súa petición de que a Xunta constrúa en Vigo, concretamente, en Navia, a Escola de Danza de Galicia. Logo dunha xuntanza co director da Escola de Arte Dramático, Enrique Vieites, Caballero avalou esta reclamación engadindo á esta infraestrutura educativa, a existencia de auditorio así como a presenza na cidade das tres grandes escolas de música, “o que sinala Vigo, obxectivamente, como destiño óptimo desta futura Escola de Danza”. Na súa opinión, este complemento convetería a cidade “nun embrión dun campus do conxunto dos movementos culturais de Galicia”.

Segundo explicou Vieites ao rexedor, esta reclamación é, xunto coa posta en marcha dun auditorio, unha das infraestruturas pendentes de acometer para rematar o proxecto inicial da Escola de Arte Dramático.

Ver la noticia original en el Xornal de noticias del Concello de Vigo

Cultura y Educación, Noticias, Servicios Públicos ,