Manifiesto ANPA Colegio Alfonso R. Castelao de Navia 25/10/11

A continuación el manifiesto leído por los representantes de la ANPA del Colegio Alfonso Rodríguez Castelao en la concentración realizada hoy ante el Concello de Vigo:

MANIFESTO 25 DE OUTUBRO.
CEIP Alfonso R. Castelao

Como é sabido dende o 2003 lévase solicitando a necesidade dun patio cuberto no colexio e dende o 2007 a necesidade de ampliación das instalacións.
Chegado o inverno, os nenos e nenas do único colexio público do barrio de Navia non poden saír o recreo os días de choiva debido á falta dun patio cuberto. As inclemencias do tempo obrigan en numerosas ocasións a suspender xogos, actividades extraescolares e actuacións organizadas, e no mellor dos casos, si é posible, lévanse as actividades o interior do colexio, e todos/as coñecemos a escaseza de espazo que isto supón.

Xa Nun pleno do Concello de Vigo do 2008, fai máis de tres anos, contémplase textualmente como “… a máis grave carencia dás instalación do colexio a inexistencia dun espazo cuberto para actividades ao aire libre…”.

Con este punto de partida, o curso pasado, un grupo de pais e nais encargouse de levar a cabo de xeito activo estas reivindicacións. O longo do curso realizáronse reunións con distintas autoridades da Xunta e do Concello de Vigo, logo destas reunións, quedounos claro, ademais de que se pasan a “pelota” duns aos outros, de que a cobertura do patio era e é competencia da Xunta. O por que de que hoxe esteamos aquí solicitando ao Alcalde de Vigo, Abel Cabaleiro, a cobertura do patio do colexio, é debido ao seu acordo verbal preelectoralista co barrio de Navia.
Recordarlle, porque parece haberse esquecido, dende aquí que grazas en parte aos votos dos cidadáns do barrio de navia esta vostede onde está. E como di un devandito popular é de ben nacido ser agradecido. Non pedimos un trato preferente faltaría mais pedimos o que nos corresponde por xustiza.

A partir dese día non volvemos saber nada do Alcalde, mantívose unha reunión coa nova Concelleira de Educación a finais de xuño, pero esta non estaba o tanto do compromiso realizado polo alcalde o barrio de Navia, así que nos pediu unha semana para poder poñerse o día co tema.

Tres meses e medio máis tarde, e tras numerosas chamadas durante o verán intentando solicitar unha reunión, seguimos sen que nos reciban, e como todos os pais sabemos, e todos os nenos e nenas sufrirán coa chegada das choivas: SEGUIMOS SEN PATIO CUBERTO.

Sentímosnos ofendidos polo trato recibido polo noso Sr. Alcalde que un día veu ao noso barrio e públicamente e ante todos os veciños de Navia prometeu que si a xunta non se facía cargo da cobertura do patio, el mesmo o cara a desde o Concello este verán e que ao comezo deste curso teriamos patio cuberto. Este compromiso público por parte do Alcalde ratificouno ese mesmo día cun grupo de pais de alumnos do colexio aínda que non era da súa competencia dita obra, cuxo orzamento de 120.000 euros o detraería doutras concellerias para a realización da mesma e veriámolo no verán.
Agora vai dicindo en diversos medios de comunicación que non lle vai a sacar 120.000 euros aos cidadáns para cubrirnos o patio. Entón só cábenos unha pregunta Que somos nós e os nosos fillos? Seica non somos cidadáns. Ou é que intentamos ser donos do alleo.
Tamén di por aí que non vai suprimir becas de comedor para cubrirnos o patio. Isto si que xa non ten nome Sr. Alcalde.
Postos a gastar, dende aquí poderiamos dicirlle a cantidade de becas de comedor, a cobertura do patio do ceip. Alfonso R. Castelao e outro sinfín de obras menores nos colexios públicos da nosa cidade que tanto se precisan e poderíanse facer co enorme gasto xerado polas incompetencias urbanísticas dos nosos administradores, e ese gasto asúmeo o fabuloso seguro de responsabilidade civil que VOSTEDES posúen. Os CIDADÁNS eses mesmos aos que vostede non lles quere privar do diñeiro que custa cubrirnos o patio.
Por favor deixe xa de insultarnos e cumpra o contrato verbal adquirido co barrio de Navia.

Ante tal falta de respecto cara aos nosos fillos e a falta de palabra do Sr. Abel Cabaleiro, hoxe estamos aquí para recordarlle:

1º Os acordos verbales hai que cumprilos e si non, non os faga.
2º Non siga mentindo nos medios de comunicación sobre a palabra dada aos pais e nais do colexio Castelao.
3º Expliqueles aos nosos fillos que non se mente. Caéuselle a máscara e vimos o seu rostro, que a través dos ollos dos nosos fillos sería o de Pinocho.
4º Respecten aos nenos, consíntanos e trátenos como se merecen pois son o noso FUTURO .Invistan neles pois a educación é o MELLOR INVESTIMENTO.

Cumpra o seu acordo cos veciños e veciñas do barrio de Navia XA.

Cultura y Educación, Eventos, Merece solución, Noticias, Servicios Públicos , , , ,