Abierto el plazo para solicitar vivienda municipal en alquiler

O prazo para solicitar unha das vivendas municipais en aluguer en Navia está aberto ata o 16 de maio

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou onte venres o inicio do prazo de inscripción para solicitar unha das vivendas en aluguer “a prezos módicos” que dispón o Concello de Vigo en Navia. Desde onte, os interesados poden acudir á oficiña municipal de vivenda -sita na rúa Oporto, 1- para a inscripción e ata o 16 de maio, despois de que o Boletín Oficial da Provincia publicase antronte a resolución. Caballero saudou esta “moi boa nova” ao tratarse das “primeiras vivendas das que dispón o Concello” para aluguer.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da apertura do prazo de inscripción para optar a unha das vivendas que o Concello dispón en Navia en aluguer, unha vez o BOP publicou antronte a resolución municipal.

Caballero explicou que o prazo permanece aberto ata o próximo 16 de maio, 45 días que considerou un “tempo razoable” para acadar a máxima difusión e participación cidadá. As bases e a inscripción poden atoparse e presentarse na oficiña municipal de vivenda da rúa Oporto número 1.

O rexedor saudou esta “moi boa nova” que pretende dar resposta á “gran demanda” cidadá de alugueres “a prezos módicos”, que neste caso oscilarán entre os 116 e os 166 euros por mes. Trátase das “primeiras vivendas das que dispón o Concello” para sacar en aluguer, anunciou.

O Concello de Vigo dispón de 35 vivendas en Navia, das que sete irán destinadas a fins sociais e serán xestionadas pola Concellería de Benestar Social. As 28 restantes saen en aluguer para os censados en Vigo, con tamaños entre os 80 e os 90 metros, garaxe e trasteiro.

Do total de vivendas en arrendamento, seis están habilitadas para persoas con mobilidade reducida, trece destinaranse a núcleos familiares con ingresos menores ao 1,5 do IPREM e as nove restantes para economías entre o 1,5 e o 2.5 do devandito índice.

Ver noticia original en la web de noticias del Concello de Vigo

Ver la noticia en Televigo.

Noticias, Servicios Públicos, Vivienda , , , ,