Urbanismo insta á Xunta a modificar o Plan Parcial de Navia

Urbanismo insta a Xunta de Galicia a modificar o plan parcial de Navia para poder construir 1.180 novas vivendas de protección
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, reclamou hoxe martes ao goberno autonómico a presentar unha proposta de modificación do plan parcial de Navia que permita edificar outras 1.180 vivendas protexidas, segundo o protocolo asinado en febreiro de 2009 entre o Concello e a Xunta de Galicia. O edil cualificou de “prioritaria” esta actuación. 

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, instou este martes á Xunta de Galicia a acelerar a modificación do plan parcial de Navia e poder así construir outras 1.180 vivendas protexidas na zona. 

O socialista, que cualificou de “prioritaria” esta medida, explicou que Xunta e Concello asinaron en febreiro de 2009 un protocolo para case duplicar o número de vivendas protexidas a construir en Navia, pasando de 613 ás 1.180 que poderían construirse. 

A competencia do goberno autonómico, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, recollida no protocolo rubricado fai máis de ano e medio era formular unha proposta de modificación do plan parcial de Navia, para incluir a nova previsión de vivendas, paso non dado ata o momento. 

As 1.180 novas vivendas protexidas sumaríanse ás 3.732 construidas actualmente en Navia, atendendo á nova normativa e ao protocolo asinado. Mariño considerou convinte que a Xunta de Galicia desenvolva as novas fases e realice a modificación do plan para gañar vivenda protexida para a cidadanía viguesa. 

O concelleiro indicou que o concello de Vigo e a promoción privada, a través do Plan Xeral de Vigo, xa iniciaron a tramitación de planeamentos urbanísticos que inclúen sobre 20.000 vivendas, das que unhas 11.000 serán de protección, polo que insta á Xunta de Galicia a sumarse e desenvolver VPO en Navia. 

Centro de Saúde de Navia
O edil de Urbanismo tamén referiuse ao centro de saúde proxectado para o barrio vigués, e apuntou que “podería ser o máis grande de Galicia” xa que é posible edificar ata seis andares. Martiño confirmou que a Xunta solicitou unha edificabilidade de 0,7 m/m cando podería ser de ata 3,5 m/m.

Infraestructuras, Noticias, Servicios Públicos, Vivienda , , ,